Home Xunta de Galicia A Xunta concede 76 axudas para a adquisición de vivendas xa construídas...

A Xunta concede 76 axudas para a adquisición de vivendas xa construídas en 19 centros históricos por preto de 650.000 euros

- Anuncio -

 Ángeles Vázquez valora a boa acollida desta iniciativa entre a xuventude xa que o 52% das axudas foron recibidas por menores de 35 anos


 Con esta medida o Goberno galego pretende seguir coidando o xa construído, que rexurdan os centros históricos e facilitar o acceso das familias a unha vivenda

A Xunta concedeu 76 axudas para a adquisición de vivendas xa construídas en 19 centros históricos por preto de 650.000 euros. Segundo dixo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita a Marín, o obxectivo é “que rexurdan os centros históricos” como lugares atractivos para vivir ao mesmo tempo que poñemos en valor o rico e variado patrimonio arquitectónico, edificatorio e cultural dos concellos galegos.

Cómpre salientar que estas axudas para a compra de inmobles en cascos históricos, recollidas no Pacto social pola vivenda de Galicia 2021-2025 e financiadas exclusivamente con fondos da Comunidade, están plenamente consolidadas e cada ano teñen máis beneficiarios. Así, a convocatoria de 2022 abriuse cunha dotación inicial de 500.000 euros e, dado o éxito, ampliouse a contía en 150.000 euros.

Máis polo miúdo, a conselleira explicou que a contía das axudas é, con carácter xeral, de 10.800 euros, incrementándose ata os 15.000 se a vivenda se atopa nun ámbito das 7 Áreas Rexurbe declaradas en Galicia -A Coruña, Mondoñedo, Ribadavia, Tui, Ribadeo, Ferrol e Betanzos-.

Ademais, no caso de que o solicitante teña menos de 35 anos recibirá unha axuda de 12.800 euros. De feito, Ángeles Vázquez puxo en valor a boa acollida desta iniciativa entre a xuventude xa que o 52% das axudas foron recibidas por este colectivo.

Para poder acceder a estas axudas, a vivenda debe situarse nun centro histórico, o solicitante debe ser español ou ter residencia legal no Estado e debe ter subscrito, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022, un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda xa construída, sexa nova, usada ou que se vaia rehabilitar.

Ademais, con este programa tamén se actúa no eido urbanístico xa que os inmobles adquiridos están, en certos casos, deshabitados e en desuso e os novos propietarios executarán as obras de mellora necesarias para convertelas nos seus fogares.

Precisamente, tal e como incidiu Ángeles Vázquez, con esta iniciativa desde o Goberno galego preténdese “seguir coidando o xa construído, que rexurdan os centros históricos” e, ao mesmo tempo, facilitar o acceso das familias a unha vivenda”.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Marta Mariño Regueiro toma posesión como directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

0
Trátase dunha nova Dirección Xeral que responde á decisión estratéxica de impulsar o emprendemento e a economía social como vías para a xeración de...

Publicacións Relacionadas