HomeTabeirósCerdedo - CotobadeJorge Cubela renova o apoio á Asociación Sirio para seguir divulgando a...

Jorge Cubela renova o apoio á Asociación Sirio para seguir divulgando a astronomía desde o Observatorio do Monte Coirego

- Anuncio -spot_img

• O alcalde mantivo unha reunión coa secretaria da entidade, Diana Couselo, para recoller suxestión e propostas de futuro

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, mantivo unha xuntanza de traballo coa secretaria da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, Diana Couselo, para explicarlle as liñas xerais do orzamento municipal recentemente aprobado pola Corporación Municipal e no que se inclúe un apartado adicado ao apoio das actividades que desenvolve esta entidade para promocionar o Observatorio do Monte Coirego.

Segundo manifestou Jorge Cubela, “o noso desexo, como grupo de goberno do Concello de Cerdedo-Cotobade, é renovar o noso compromiso de seguir colaborando coa Asociación Astronómica Sirio para continuar potenciando o Observatorio do Monte Coirego como un deses lugares máxicos e únicos desde onde podemos observas as estrelas e aprender moitas cousas sobre o firmamento”.

Esta asociación seguirá contando coa colaboración económica do Concello para que continúen coas súas actividades de divulgación sobre o coñecemento astronómico desde o monte Coirego.

“Todos os anos son centos e centos de persoas os que se achegan ata este Observatorio para contemplar a Vía Láctea. Desde Cerdedo-Cotobade temos a vista posta no Universo sen perder nunca a perspectiva e cos pés no chan”, indicou Cubela.

Publicacións Relacionadas