Home Vigo Baiona Baiona abre o prazo de inscrición para o desfile de comparsas de...

Baiona abre o prazo de inscrición para o desfile de comparsas de Entroido que se adianta ao sábado 11 de febreiro

- Anuncio -
  • A solicitude pode realizarse desde hoxe, 31 de xaneiro, ata o 9 de febreiro, ambos inclusive.

O Concello de Baiona adianta unha semana a celebración do Entroido. Aínda que a data oficial será a última fin de semana de febreiro, desde a Concellería de Cultura decidiuse adiantalo sete días para que a súa celebración non estea tan próxima á festa máis popular da vila, a Arribada, que este ano se celebrará o 3, 4 e 5 de marzo, e que tamén encherá de fantasía, neste caso medieval, as rúas da localidade.

Deste xeito, o Concello de Baiona será unha dos primeiros en levar a cabo esta celebración. O concurso de comparsas de Entroido terá lugar o sábado 11 de febreiro de 2023, con saída ás 17:00 horas desde a Avenida Urbana de Sabarís e percorrerán as rúas Santa Marta, Monterreal e Elduayen para terminar no Paseo Ribeira. Tras o desfile, terá lugar o tracional enterro da sardiña. Así mesmo, a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Baiona (ACEBA) e o consistorio, complementarán esta celebración con distintas actividades durante a fin de semana.

O Concello de Baiona repartirá 6.500 euros entre as comparsas participantes distribuídos entre os seguintes premios: 1º premio 900 euros; 2º premio 650 euros, 3ª premio 500 euros, 4º premios 400 euros e 5ªpremio 300 euros. O resto do montante repartirase entre as comparsas participantes no desfile e distribuirase en función do número de compoñentes.

Establécese un límite máximo de participación de 20 comparsas no concurso que serán admitidas por rigorosa orde de rexistro de entrada.

Entre os requisitos para participar no concurso de comparsas de Entroido do Concello de Baiona atópanse: Cada comparsa terá que estar composta por un mínimo de 12 persoas; participar no desfile organizado o sábado 11 de febreiro de 2023 así como participar no Enterro da Sardiña que terá lugar o mesmo día, a continuación do desfile, cun mínimo de 10 compoñentes por comparsa . As comparsas que incumpran este requisito, serán penalizadas cun desconto do 20% sobre a cantidade que lle corresponda.

Para participar no concurso de comparsas é preciso achegar a seguinte documentación:

  • Solicitude de inscrición segundo modelo no que debe figurar o nome da comparsa, número de membros que a compoñen, (o número máximo que se terá en conta é o que figure na solicitude, salvo que o número de participantes que figure na acta do desfile sexa considerablemente menor). Nome, DNI, dirección e teléfono do/da representante (de non ser unha asociación constituída) e Nome, CIF, dirección e teléfono no caso de ser unha asociación legalmente constituída.
  • Copia do CIF da Asociación ou DNI dun representante da comparsa no caso de grupos informais.
  • Certificado de conta bancaria da Asociación ou dun representante da comparsa no caso de grupos informais.
  • Declaración responsable de atoparse ao corrente no cumprimento dos deberes tributarios estatal, autonómica, seguridade social, Oral e co Concello de Baiona.

As comparsas interesadas,en participar no Concurso de Entroido do Concello de Baiona poden presentar a solicitude oficial no rexistro xeral do concello ou a través da sede electrónica http://baiona.sedelectronica.gal , sempre que sexan unha asociación legalmente constituída.

O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria vía BDNS no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. A solicitude poderá realizarse desde hoxe, 31 de xaneiro, ata o 9 de febreiro, ambos inclusive.

Toda a información necesaria para realizar a solicitude atópase dispoñible na páxina web oficial do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/cultura/o-entroido-de-baiona-adiantase-ao-sabado-11-de-febreiro/

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas