Home Pontevedra Baixo Miño Concello e Asociación Española contra o Cancro avanzan na súa colaboración

Concello e Asociación Española contra o Cancro avanzan na súa colaboración

- Anuncio -

O ano pasado, a AECC realizou 26 intervencións con pacientes oncolóxicas no Rosal

A alcaldesa reuniuse coa nova delegada no Baixo Miño e co coordinador territorial para abordar o gran papel que xoga a asociación para paliar o impacto da enfermidade

O cancro é unha das principais causas de mortandade no mundo, cun importante aumento de casos cada ano, por iso educar na prevención, acompañar ás persoas enfermas e ás súas familias e apostar pola investigación é fundamental para paliar o impacto da enfermidade. Tres liñas nas que a Asociación Española contra o Cancro (AECC) leva anos traballando, tamén no Rosal, onde só de xaneiro a outubro do ano pasado realizaron 26 intervencións con pacientes oncolóxicos do municipio.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, mantivo un encontro coa nova delegada no Baixo Miño da AECC, Pilar Barbosa, e co coordinador territorial en Pontevedra, Telmo Crespo, para falar do importante papel que xoga a entidade no concello rosaleiro e de futuras colaboracións entre o Concello e a entidade. “Temos que felicitar á Asociación Española contra o Cancro por ese gran labor que están a desenvolver no Rosal, por esa implicación e por facer o día a día de doentes e familias moito máis levadeiro, acompañándoas, atendéndoas e asesorándoas en momentos tan delicados”, destacou a rexedora.

Pola súa banda, a AECC Baixo Miño quixo “agradecer o apoio prestado en todo momento polo Concello, que a través das subvencións por concorrencia competitiva a entidades permitiunos aumentar as axudas e levar a cabo todos os proxectos que temos en marcha”. A asociación fixo un chamamento á participación da veciñanza animando a todos os rosaleiros e rosaleiras a que se sumen ao voluntariado de acompañamento co que conta a AECC.

Na actualidade, a AECC Baixo Miño conta cun punto de atención informativo presencial no Centro Social Polivalente no que atenden todos os mércores de 10.00 a 12.00 horas e teñen a disposición das persoas interesadas un número de teléfono de información, o 647 77 19 98. Ademais, ofrece información, apoio e asesoramento médico, psicolóxico e social as 24 h do día durante todos os días do ano

A asociación tamén conta con outros servizos gratuítos para pacientes oncolóxicos e a súa familia, como un programa de atención social para manter ou recuperar a calidade de vida que se ve afectada pola enfermidade e tratamentos a distintos niveis, outro de apoio emocional ou un de rehabilitación integral a persoas con cancro de cabeza e pescozo, axudando a afrontar os trastornos derivados da cirurxía e a mellorar e recuperar a fala. Ademais, ten en marcha un programa de deshabituación tabáquica cunha taxa de éxito do 60%.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas