Home Pontevedra O BNG de Vigo chama a restrinxir os pisos turísticos por agravar...

O BNG de Vigo chama a restrinxir os pisos turísticos por agravar os problemas de acceso á vivenda

- Anuncio -

A fronte nacionalista propón declarar Vigo como cidade saturada, a imposición dunha taxa municipal e a realización de inspeccións para aflorar os pisos non rexistrados co obxectivo de “poñer couto a este fenómeno especulativo que encarece os prezos do alugueiro”

Xabier P. Igrexas: “Hai que poñer freo a esta situación alarmante de que a cidade teña hoxe o dobre de pisos turísticos que de vivendas dispoñíbeis para alugueiro residencial”

O Bloque Nacionalista Galego chama a restrinxir os pisos turísticos en Vigo, cuxo aumento está a agravar os problemas de acceso á vivenda na cidade. A fronte nacionalista vén de propoñer unha nova ordenanza municipal que declare Vigo como cidade saturada, impoñendo unha moratoria de cinco anos, creando unha taxa municipal que castigue este “fenómeno especulativo” e realizando inspeccións para aflorar os pisos que operan sen rexistro nin licenza.

O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, cualificou de “alarmantes e da máxima gravidade” os últimos datos inmobiliarios da cidade que apuntan a un novo incremento dos pisos turísticos, superando xa o millar na cidade e duplicando o número de vivendas dispoñíbeis na actualidade para alugueiro residencial.

O edil nacionalista sinalou esta actividade como un dos factores detrás do encarecemento da vivenda en Vigo, a cidade máis cara de Galiza. Así, a última alza nos prezos do alugueiro, dun 5%, súmase a un aumento acumulado dun 40% en cinco anos. Unha situación “insoportábel” na que, advertiu, unha de cada cinco vivendas dispoñíbeis ten xa un prezo mensual superior ao Salario Mínimo Interprofesional.

“Urximos novamente ao goberno de Abel Caballero a actuar con determinación para poñerlle couto a este fenómeno, onde uns poucos fan un lucrativo negocio a golpe de expulsar a millares de familias traballadoras da nosa cidade que non se poden permitir, literalmente, o luxo de vivir en Vigo”, denunciou Igrexas.

As propostas do BNG

Fronte a este contexto, o candidato do BNG trasladou varias propostas ao Goberno municipal, entre elas a elaboración dunha nova ordenanza municipal co obxectivo de restrinxir a proliferación desta actividade. Propuxo nese sentido declarar Vigo como cidade saturada, impoñendo unha moratoria de 5 anos que impida a apertura de novos pisos turísticos até que se “normalicen” os prezos das vivendas en alugueiro.

Ademais, pediu a creación dunha taxa municipal que “castigue economicamente este negocio especulativo”, así como a realización de inspeccións por parte da Xerencia Municipal de Urbanismo para aflorar a “economía sumerxida” de moitos pisos turísticos que non figuran rexistrados nin contan con licenza para operar.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas