Home Vigo O Porriño O Porriño camiñ da man da educación cara a igualdade

O Porriño camiñ da man da educación cara a igualdade

- Anuncio -

• O Concello do Porriño presenta o inicio da campaña anual de igualdade que, un ano máis, pon o foco nas/os máis pequenas/os como clave para romper os estereotipos de xénero que sustentan a desigualdade

O Porriño vólcase un ano máis coa igualdade. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, presentaron hoxe o inicio da programación anual baixo o lema “Da man da educación cara a igualdade”.

Foi no CEIP Plurilingüe Antonio Palacios onde se estaba a desenvolver o primeiro dos Obradoiros de Xénero incluídos no programa. Nesta actividade, dirixida aos nenos e nenas de 6º de educación infantil dos centros educativos do Porriño, o alumnado traballará os estereotipos de xénero. Nestes obradoiros participarán preto de 200 nenos e nenas.
“Temos moi claro que para acadar unha igualdade real efectiva é esencial traballar da man da educación”, explicou a concelleira, “Para loitar contra os estereotipos de xénero é necesario actuar en idades moi temperás xa que é cando se pode romper con estas etiquetas e perxuízos que sustentan a desigualdade”.

No mesmo sentido se expresou o rexedor que destacou a importancia de “desenvolver unha programación anual tal e como se recolle no Plan de Igualdade, que non se limite a conmemorar unhas datas sinaladas, senón que traballe cada día na sensibilización, información e, sobre todo, na educación das/os máis pequenas/os, xa que eles serán ese mundo xusto e igualitario de mañá”.

Relacionadas

Luis López anuncia que este ano a Deputación vai destinar 500.000 € para axudas...

0
O presidente provincial subliñou que este incremento “demostra que a nosa aposta polo deporte non é de palabra, senón que aquí están os feitos” O...

A Copa de España de Ciclismo na estrada para a categoría Elite/Sub 23 pasará...

0
A Copa de España de Ciclismo na estrada para a categoría Elite/Sub 23 pasará polo Concello de Baiona o vindeiro domingo 19 de maio. Unha...

O concello de Salvaterra organiza unha charla para estudantes para reducir o estrés...

0
O vindeiro luns 20 de maio o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha charla sobre  “Como abordar o estrés e a ansiedade nos...

O Porriño convoca o I concurso de pintura rápida “Pintando a Palacios” que se...

0
As bases para participar están publicadas e o prazo de inscrición está aberto ata o luns 10 de xuñoMáis de 3.500 euros en premios...

Luis López destaca o traballo da Deputación para aumentar en 1,8 millóns de euros...

0
O presidente provincial referiuse ao remate da bonificación do 95 % do IBI da que gozaba Audasa e que aumentará os ingresos dos doce...

A Deputación destina 280.000 euros aos concellos de Tui e Vilagarcía para acometer melloras...

0
Tui recibirá 105.000 € para realizar melloras na pista polideportiva de Randulfe e Vilagarcía de Arousa 180.000 € para a reposición do céspede artificial...

Publicacións Relacionadas