Home Pontevedra Caldas Manuel Fariña, arroupado unanimemente pola asemblea local do BNG, aspira a convertese...

Manuel Fariña, arroupado unanimemente pola asemblea local do BNG, aspira a convertese no próximo alcalde de Caldas

- Anuncio -

Fariña: “Levamos xa demasiados anos de parálise e desleixo, Caldas precisa con urxencia un revulsivo que a volva a poñer no mapa”

“Aspiramos a todo”, afirmou o recén eleito candidato do BNG á alcaldía de Caldas, Manuel Fariña. “Pálpase no ambiente un desexo de cambio, de rematar coas rutinas, a ineficacia e a falta de proxecto do PSOE de Juan Manuel Rey”

“Estes últimos catro anos foron catro anos perdidos, sen pulsión, sen iniciativa, sen gañas por transformar o noso concello e sentar as bases para o seu desenvolvemento. Temos problemas crónicos, mais o alcalde e o seu grupo miran sempre para outro lado, en vez enfrontar estes problemas e poñerse a traballar para buscarlle solucións”, afirmou o candidato nacionalista.

É mais, cando puido facelo, o PSOE apoiouse no PP para seguir coa mesma política paralizante caracteriza á acción de goberno de Juan Manuel Rey e o seu equipo. Neste sentido, Fariña lembra que no ano 2020, o PSOE e o BNG chegamos a un acordo para aprobar os orzamentos municipais, uns acordos que “supoñían un xiro radical na política municipal levada a cabo até o de entón. Foron 10 puntos que, na súa maioría e desde o minuto 1, o PSOE empeñouse en incumprir”.

No BNG consideramos que imprescindíbel ter unha actitude máis proactiva, traballar para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas naqueles aspectos de competencia municipal, mais tamén insistir con enerxía e determinación ás restantes administracións, en concreto á Xunta de Galiza pola situación da sanidade pública e pola situación do río, e á administración estatal polos gravísimos problemas de mobilidade e seguranza viaria das súas estradas ao seu paso polo centro de Caldas. “A calada nunca pode ser a resposta”, afirmou Fariña.

No BNG estamos convencidas e convencidos que un cambio de rumbo que saque a Caldas da súa atonía non só é posíbel, senó que é necesario e urxente. “Nós estamos preparados parapilotar este cambio, porque temos proxecto e temos un equipo humano excepcional, con capacidade de traballo e un compromiso inquebrantábel cos caldenses e caldensas”, afirmou o alcaldábel, Manuel Fariña.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas