Home Pontevedra Deza SEDEXPO reunirá de novo aos sectores de seguridade, defensa e emerxencias do...

SEDEXPO reunirá de novo aos sectores de seguridade, defensa e emerxencias do 28 ao 30 de novembro

- Anuncio -

• SERÁ A SEGUNDA EDICIÓN DESTE CERTAME ORGANIZADO POLA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

• A ENTIDADE FEIRAL MANTIVO UN ENCONTRO CON REPRESENTANTES DE EMPRESAS DOS SECTORES IMPLICADOS E PROXIMAMENTE FARAO COAS SÚAS ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS

A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, volverá celebrarse do 28 ao 30 de novembro deste ano na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Deste xeito, o certame levarase a cabo dous anos seguidos para axustar a súa presenza no calendario e pasará logo a ser bienal, tendo lugar en 2025.

A entidade feiral reuniuse recentemente con representantes de empresas do sector para esta segunda edición. O encontro incluíu tanto presenza física dalgúns deles no recinto como participación telemática e nel analizáronse os resultados da pasada edición e tamén aspectos organizativos desta nova cita, na que se pretende seguir mellorando e ofrecendo aos expositores e visitantes un espazo de referencia.

O encontro contou con representantes de importantes empresas dos sectores de SEDEXPO, como foron Aeromedia, Airbox, Cristanini, Disnainga, GSI, IDS-Infodefensa.com, Incipresa, Inforhouse, Navantia, Sabico, Senso Ingeniería, Technical Uniforms, Umiles e Zebra,

Estes estiveron acompañados do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias da Xunta de Galicia, Marcos Araújo, ademais dun equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Encontro co ámbito asociativo

Co obxectivo de avanzar na organización de Sedexpo 2023, a Feira Internacional de Galicia ABANCA tamén se reunirá proximamente coas asociacións e colectivos dos sectores implicados.

Así, seguirá construíndo un foro co que se pretende explorar oportunidades de colaboración, establecer alianzas, intercambiar experiencias, xerar negocio, coñecer novidades e fomentar a cultura de seguridade e defensa no cidadán.

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Publicacións Relacionadas