Home Xunta de Galicia Diego Calvo feliciata os representantes da patinaxe galega polas 16 medallas acadadas...

Diego Calvo feliciata os representantes da patinaxe galega polas 16 medallas acadadas o ano pasado en competicións internacionais

- Anuncio -


— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu aos medallistas e destacou o auxe de Galicia nas distintas modalidades deste deporte e o elevado nivel acadado


— Destacou o traballo levado a cabo polos clubs e pola Federación Galega de Patinaxe desde a base para fomentar a afección por esta disciplina ás xeracións máis novas

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, felicitou os patinadores e patinadoras da comunidade que o ano pasado acadaron 16 medallas a nivel internacional -11 ouros, 1 prata e 4 bronces-, o que sitúa a Galicia como referencia nas distintas modalidades deste deporte. Nunha recepción na que estivo acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, puxo en valor a relevancia da patinaxe galega e o elevado nivel acadado nos últimos anos.

Así, Diego Calvo agradeceu aos asistentes as alegrías que no 2022 deron a Galicia e amosouse seguro de que se seguirán sumando moitas máis neste ano e nos seguintes. Destacou que das 16 medallas, a maioría, en concreto 10 delas, conseguíronas os nosos deportistas nos Mundiais de Arxentina do pasado novembro, a competición máis importante deste deporte no panorama internacional.

Entre os deportistas máis laureados destaca Jhoan Sebastián, Chevi, Guzmán do club de patinaxe Freestyle Vigo. O patinador nado en Venezuela e afincado en Vigo sumou 7 ouros internacionais o ano pasado, 4 deles no Campionato de Europa de velocidade celebrado en Italia e outros 3 no World Skate Games de Arxentina. Neste Mundial Manuel Taibo do SCD Rabadeira acadou outras 4 medallas -1 ouro, 1 prata e 2 bronces- e Lucas Yáñez 1 ouro na categoría junior. Na mesma categoría pero no Europeo de Andorra este patinador do CPA Maxia de Oleiros fíxose con outro ouro.

O palmarés da patinaxe galega en probas internacionais complétase cos logros de dous membros do club de hóckey sobre patíns Dominicos da Coruña: o ouro de Jacobo Copa da selección española no Europeo sub-17 celebrado en Barcelona e o bronce de Bruno Saavedra, na selección española sub-19, nos Mundiais de Arxentina. Ademais o Club Patinaxe Artístico Gondomar fíxose coa medalla de bronce nos Mundiais de Arxentina na modalidade grupo show.

Ao acto de hoxe tamén asistiron o presidente da Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua, e a presidenta da federación galega, María Jesús Vázquez. Esta última, como lembrou o vicepresidente segundo, segue o legado de Vicente Torres, falecido en 2021 e que o ano pasado recibiu a Medalla do Mérito Deportivo da Xunta a título póstumo. Nesta liña, Diego Calvo incidiu no traballo levado a cabo pola Federación Galega de Patinaxe desde a base para fomentar a afección por esta disciplina ás xeracións máis novas.

En resposta a ese nivel e á entrega coa que os deportistas galegos practican patinaxe, a Xunta mantén o seu compromiso con máis de 1,8 millóns de euros destinados á federación galega, aos clubs de patinaxe e aos patinadores e patinadoras da comunidade en axudas á súa actividade, á dotación equipamento e en patrocinios e eventos. A federación recibirá este ano outros 62.000 euros para a súa actividade, no marco dos 5 millóns reservados aos convenios coas 59 entidades deste tipo na comunidade.

Este apoio contribuíu ao auxe da patinaxe que se sitúa na actualidade nas súas mellores cifras ao superar as 5.000 licenzas. Ademais, dous terzos son mulleres, o que sitúa a este deporte como un dos que máis promove a igualdade no ámbito deportivo.

Deste xeito, o vicepresidente segundo valorou a calidade dos patinadores e patinadoras que levan o nome de Galicia polo mundo e que cos seus éxitos teñen un efecto chamada sobre as xeracións máis novas.

Por unha banda, 16 dos 752 deportistas de alto nivel recoñecidos este ano pertencen a este deporte. E, por outra parte, a comunidade galega conta con equipos nas ligas nacionais de hóckey a patíns como o Hóckey Club Liceo da Coruña, o club máis laureado de Galicia e, do mesmo xeito, éxitos no hóckey patíns en liña, na patinaxe de velocidade e na patinaxe artística.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Publicacións Relacionadas