Home Xunta de Galicia Galicia avanza na loita contra o cambio climático con 41 entidades adheridas...

Galicia avanza na loita contra o cambio climático con 41 entidades adheridas xa á Alianza polo Clima e como membro activo da Misión de Adaptación da UE

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez salienta que o apoio desta empresa de alimentación suporá un pulo moi importante para situar á Comunidade na vangarda fronte ao quecemento global


— Lembra que Galicia foi seleccionada pola Comisión Europea para participar nesta iniciativa o pasado mes de setembro, o que supón unha extraordinaria oportunidade para compartir experiencias e aproveitar sinerxías xunto con outras rexións

Galicia avanza na loita contra o cambio climático con 41 entidades adheridas xa á Alianza polo Clima e como membro activo da Misión de Adaptación da Unión Europea, segundo puxo en valor hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a sinatura do convenio de adhesión de Congalsa á iniciativa impulsada pola Xunta.

Logo de salientar que á Alianza Galega polo Clima xa se uniron universidades, autoridades portuarias, clubes deportivos, empresas e outras entidades, Ángeles Vázquez incidiu en que o apoio de Congalsa suporá un “avance moi importante” para poñer á Comunidade na vangarda fronte ao quecemento global e as súas consecuencias.

Como lembrou a conselleira, esta Alianza supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia; fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre este tema; promover e apoiar a investigación vinculada ao clima, e acelerar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.

Nesa liña, como incidiu a conselleira, hai moitas maneiras de contribuír a frear o cambio climático, como fan as industrias, que modifican o seus sistemas de produción para facelos máis eficientes e sostibles, ou as universidades, que investigan e deseñan sistemas para favorecer que esa produción sexa respectuosa co medio ambiente.

E engadiu que “o fan as empresas que optan por produtos máis sostibles e ecolóxicos”, como é o caso de Congalsa, unha das compañías de alimentación líderes do mercado con presencia comercial en países de catro continentes, que pechou 2021 cunha facturación de 113 millóns de euros e mobilizou un total de 26 millóns de quilos de produtos das súas diferentes gamas.

Ademais, é consciente da necesidade de rexenerar o estado natural do territorio e o medio mariño así como do impacto que as cuestións vinculadas ao cambio climático poden ter na organización a curto, medio e longo prazo. De feito, entre outras cuestións, contan cun equipo propio para traballar no seguimento e avaliación dos obxectivos ambientais da empresa e fomentan a transición cara a un modelo de economía circular a través da reciclaxe e unha adecuada xestión enerxética e da auga.

Misión de Adaptación ao Cambio Climático da Unión Europea
A conselleira tamén puxo en valor o traballo que está a desenvolver a Comunidade no marco da Misión de Adaptación ao Cambio Climático da Unión Europea, cuxo obxectivo é apoiar ás comunidades para acelerar a súa transformación cara á resiliencia climática, prestándolles axuda para comprender, prepararse e xestionar mellor os riscos introducidos por este fenómeno.

Cómpre lembrar que Galicia foi seleccionada para participar nesta iniciativa o pasado mes de setembro, o que supón unha extraordinaria oportunidade para compartir experiencias e aproveitar sinerxías xunto con outras rexións.

De feito, a semana pasada unha delegación galega compartiu en Bruxelas proxectos e experiencias innovadoras con representantes de diferentes rexións europeas no obxectivo de impulsar os esforzos de adaptación a través da participación da cidadanía no proceso de toma de decisións e do estímulo de investimentos públicos e privados.

Relacionadas

A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das emerxecias que...

0
O director xeral e Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía...

Román Rodríguez reivindica a escola rural como “un modelo educativo de vangarda que é...

0
— O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa no II Congreso Nacional da Escola Rural en Ribadavia — Na cita, a que acuden...

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferencia de residuos e...

0
— A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo...

O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscrición para a súa vixésima edición

0
— O curso, en formato virtual, volverá contar con expertos no financiamento comunitario que a través de contidos teóricos e prácticos achegarán as opcións...

O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do...

0
— O Goberno galego investirá 615.000 euros anuais ata 2028 na atención a adolescentes que cumpren medidas xudiciais en réxime aberto — Trátase dun incremento...

Un total de 40 centros de toda España darán a coñecer mañá exemplos de...

0
— Uns 300 profesionais asistirán a este encontro co obxectivo de reivindicar o papel do ensino rural na sociedade — A cita, que acollerá conferencias,...

Publicacións Relacionadas