Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colabora coa celebración de “Medrar en galego”, unhas xornadas deseñadas...

A Deputación colabora coa celebración de “Medrar en galego”, unhas xornadas deseñadas para fortalecer o uso do galego entre os nenos

- Anuncio -

A iniciativa, presentada esta mañá coa participación do vicepresidente Rosendo Fernández, celebrarase en Allariz o vindeiro 25 de febreiro

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá en Allariz na presentación da primeira edición de “Medrar en galego”, un programa de actividades culturais que se celebrará na vila allaricense o 25 de febreiro co foco posto sobre a crianza dos fillos en galego.

A xornada está organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, Ben Común, Confederación de ANPAS Galegas e o Concello de Allariz, e conta coa colaboración da Deputación de Ourense.

Na súa intervención, Rosendo Fernández resaltou o importante papel das administracións públicas na conservación e difusión do galego e reivindicou a “fonda implicación” da Deputación de Ourense co idioma, lembrando por exemplo que “foi a primeira das administracións provinciais galegas en aprobar o uso da nosa lingua nos documentos oficiais”, ademais do “traballo realizado dende 1990 no asesoramento a todos os concellos da provincia no eido lingüístico”.

Fernández estivo acompañado pola alcaldesa de Allariz, Cristina Cid; a concelleira de Ensino e Normalización Lingüística de Allariz, Olga Quintana; e o presidente da Mesa, Marcos Maceira, que sinalou que a través destas xornadas búscase contribuír “a mellorar as ferramentas que xa están a empregar as familias para fortalecer o uso do galego entre as crianzas”.

As actividades recollidas no programa pretenden abrir un espazo de debate e aprendizaxe, tanto para os cativos como para as nais e pais, contando coa presenza de educadores sociais e pedagogos que serán os encargados de realizar diversos obradoiros, actividades lúdicas para os cativos e unha feira na que diferentes empresas que traballan en galego expoñerán os seus produtos.

Relacionadas

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 635.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 630.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 520.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 1,4 M € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e...

0
A institución provincial destinará 1,18 M € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos...

A Deputación organiza en maio no Museo de Pontevedra un curso de audicións comentadas...

0
A profesora Sara Domínguez Lloria dedicará cada mércores a unha obra destacada de grandes compositores: Saint-Saëns, Ravel, Mussorgsky e Rimski-Kórsakov A Deputación de Pontevedra organiza...

Publicacións Relacionadas