Home Pontevedra Poio O pleno acorda a aprobación do convenio con Portos para a mellora...

O pleno acorda a aprobación do convenio con Portos para a mellora integral da contorna do Peirao de Raxó

- Anuncio -

• O documento foi aprobado por unanimidade e permite desbloquear unha actuación que xa fora comprometida no ano 2009 por parte do ente autonómico

• O alcalde, Luciano Sobral, vén de enviar á presidenta de Portos unha solicitude de reunión para abordar a reforma pendente do peirao de Covelo, en Samieira, que tamén figura no acordo asinado hai 14 anos

O Pleno da Corporación municipal aprobou, na sesión ordinaria do mes de xaneiro, o convenio para a execución da humanización, dotación de servizos e mellora integral da contorna do porto de Raxó, desde o propio peirao ata a PO308. Trátase dun proxecto no que o Concello de Poio asumirá o 30% do orzamento, cuxa contía total ascende a máis de 900.000 euros. Este trámite permite xa que Portos de Galicila poida iniciar a tramitación dunha obra que, tal e como recordaron os dirixentes municipais durante o debate, “é unha demanda histórica”, pendente de execución desde o ano 2009 e que “será realidade grazas á presión exercida polos colectivos que forman parte da Comisión de Seguimento dos portos de Raxó e Samieira”.

O alcalde, Luciano Sobral, amosou a súa satisfacción polo feito de que “por fin esteamos en disposición de que a Xunta inicie unha obra de gran calado, que suporá un gran cambio e transformación da fronte marítima de Raxó”. O rexedor sinala que “o Goberno local fixo os deberes” á hora de cumprir coa tramitación que lle correspondía e sinalou que “agora esperamos que os traballos se leven a cabo o antes posible”. Un punto no que tamén coincidiron tanto o alcalde Sobral como o equipo de Goberno foi na necesidade de que se continúe avanzando para que a Xunta dea cumprimento ao convenio asinado en 2009, que inclúe a reforma e recuperación do peirao de Covelo, en Samieira. Neste sentido, Sobral confirmou que desde Alcaldía xa se lle remitiu unha carta á presidenta de Portos de Galicia para solicitar a convocatoria dunha reunión para abordar este tema, tal e como se acordou na última sesión da Comisión de Seguimento, da que forman parte representantes de diferentes colectivos das parroquias de Samieira e Raxó.

O Goberno municipal ten claro que “hai que continuar esixindo a Portos de Galicia a que cumpra co acordo asinado hai 14 anos”, en referencia á “necesidade urxente” que hai de que tamén se complete a reforma en Covelo. Con respecto ao proxecto de Raxó, cómpre lembrar que finalmente a actuación incluirá as peticións que solicitou o seu día o Concello, recollendo as demandas do tecido social e asociativo. Así, ademais da dotación de servizos de pluviais, abastecemento e alumeado público, a zona tamén contará cun acabado uniforme que irá desde o porto ata o cruce coa PO-308. “É un espazo que se atopa moi degradado e que precisa dunha profunda transformación, habida conta da súa importancia para a dinamización de sectores como o pesqueiro, turístico e hostaleiro”, indica o Goberno local.

A aprobación do convenio realizouse apenas unhas semanas despois de que o Concello recibise o convenio e os informes xurídicos pertinentes por parte de Portos de Galicia. A documentación definitiva foi enviada o pasado 11 de xaneiro, polo que “as tramitacións realizáronse en tempo récord”.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas