Home O Morrazo Bueu O alcalde de Bueu reunirase coa viciñanza de Meiro para explicar o...

O alcalde de Bueu reunirase coa viciñanza de Meiro para explicar o proxecto de mellora da seguranza viaria na estrada EP-1306

- Anuncio -

• O encontro terá lugar este xoves, 2 de febreiro, ás 19 horas na Casa da Aldea de Meiro

• A actuación permitirá a construción dunha senda peonil de 2,5 metros de largura coa que se mellorará a seguranza viaria

Félix Juncal, alcalde de Bueu, manterá este xoves, 2 de febreiro, unha reunión coa veciñanza do lugar de Meiro para explicar os avances na tramitación do proxecto de mellora da seguranza viaria na estrada EP-1306 que conecta A Portela con Ermelo. A xuntanza será ás sete da tarde na Casa da Aldea do lugar, e o rexedor dará conta dos últimos trámites que levou a cabo o consistorio para mellorar a seguranza viaria nesta estrada provincial sobre a que se solicitou a transferencia.

O vial provincial de Meiro converterase nunha estrada con senda peonil co fin de reducir a velocidade nun tramo de algo máis dun quilómetro. A idea é realizar unha actuación no primeiro tramo do vial, onde se concentra o maior núcleo poboacional, e que consistirá na construción dunha plataforma única para peóns e vehículos con pavimentos diferenciados.

Así, acometeríase o arranxo da estrada, á que se engadiría unha senda peonil de 2,5 metros de largura coa que se pretende reducir a velocidade, nunha franxa de 1,2 quilómetros, dende a intersección do vial de Meiro coa PO-551 ata as inmediacións da Casa da Aldea.

O goberno local cualifica esta actuación como “prioritaria”, pois pretende mellorar a seguranza viaria, a accesibilidade das persoas, así como apostar por materiais tecnicamente máis amables e respectuosos co medio ambiente.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas