Home O Salnés Cambados Mulleres Salgadas e concello organizan un curso gratuito de habilidades dixitais para...

Mulleres Salgadas e concello organizan un curso gratuito de habilidades dixitais para mulleres do mar

- Anuncio -

A formación centrarase nas tecnoloxías dixitais para tramitacións coas administracións e no manexo das redes sociais

A Asociación Mulleres Salgadas e o Concello de Cambados organizan un Curso de “Habilidades Dixitais” destinado a mulleres do mar.

A formación, de carácter gratuito e con dez prazas dispoñibles, impartirase na Casa de Cultura de Corbillón os martes de cada semana durante os meses de febreiro, marzo abril e maio en horario de 17.30 a 20 horas.

A iniciativa dá continuidade ao curso realizado a finais de 2022 sobre capacitación dixital básica e amplía os coñecementos adquiridos.

Segundo explica a vicepresidente de Mulleres Salgadas, Sandra Amézaga, nesta ocasión as materias a abordar centraranse no manexo das redes sociais e nas tecnoloxías dixitais necesarias para tramitacións coas administracións, como o caso das sedes electrónicas.

O alcalde Samuel Lago considera fundamental manter este tipo de colaboracións con colectivos como Mulleres Salgadas co fin de favorecer a empregabilidade e reducir a fenda de xénero.

O prazo de inscripción xa está aberto a través do teléfono 619 17 60 70.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas