Home A Paradanta A Cañiza O PP critica que o Goberno de Luis Piña oculta 52 dos...

O PP critica que o Goberno de Luis Piña oculta 52 dos 55 usuarios que están en lista de espera no servizo de axuda no fogar

- Anuncio -

• Denuncian que o Concello da Cañiza tivo que devolver á Xunta parte dos fondos que recibe para dependencia por non ter asignadas todas as horas disponibles.

O Partido Popular denuncia que o Goberno local está ocultando as cifras reais das persoas dependentes que están en lista de espera no Servizo de Axuda no Fogar. Así, din que dos usuarios que están pendentes de que se lles asignen as horas, o alcalde Luis Piña só recoñece tres.

Foi durante o último pleno municipal, no que a concelleira popular Pilar Vicente preguntou sobre a situación do SAF na Cañiza, máis concretamente, polo número de persoas que se atopan na actualidade en lista de agarda, para poder recibir este servizo de axuda no fogar.

Segundo as declaracións do voceiro do Partido Popular, Miguel Domínguez, “o alcalde non tivo ningún reparo en deixar sen a palabra á miña compañeira ao verse acorralado polos datos que manexaba, e que distan moito do que Piña nos quixo vender”.

Durante as sesión plenaria, Piña afirmou ter “máis ou menos 3 persoas en grado III esperando a ser atendidas”, e evitou facer referencia ao resto de persoas que se atopan na mesma situación, aínda que teñan unha graduación diferente. Ademais, desde o PP critican que o Concello da Cañiza ten sen asignar aínda 176 horas de axuda, unha decisión incomprensible cando hai persoas dependentes e coidadores que están pedindo esa atención.

Segundo os datos aos que tivo acceso Miguel Domínguez, as persoas que se atopan actualmente en lista de espera son 55: 9 en grado III (gran dependencia), 19 en grado II (dependencia severa) e 27 en grado I (dependencia moderada). Todas estas persoas terían toda a documentación en regra e os expedientes aprobados para ser perceptores deste servizo.

O PP recorda que a Xunta da Galicia vén de aumentar nos últimos anos, a aportación que fai aos concellos para este cometido, chegando a practicamente o 100% do custo do servizo, reducindo as aportaciós dos consistorios a unha mínima parte.

O Concello da Cañiza, tivo que devolver parte destes fondos nos últimos anos de mandato, ao non ter asignadas todas as horas dispoñibles, e chegando a perder, segundo apunta o voceiro popular, “case 10.000€ ao mes”.

“Piña xunto coa concelleira de Benestar Social, están abandoando a 55 persoas con nome e apelidos, a 55 familias, cada unha coas súas circunstancias, a pesar de ter horas dispoñibles para asignar e de ter parcticamente o servizo subvencionado ao 100% por parte da Xunta de Galicia”. Este é un tema sensible e relevante como para que o alcalde manipule os datos nun pleno municipal e trate o tema sen ningún tipo de rigor”, engade Miguel Dómínguez.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas