HomePontevedraBaixo MiñoExpediente sancionador ao concello de Tomiño polo suposto uso fraudulento de gasóleo...

Expediente sancionador ao concello de Tomiño polo suposto uso fraudulento de gasóleo b no parque móbil municipal

- Anuncio -spot_img

• O Ministerio de Facenda comunicou hai escasos días por rexistro oficial a proposta de sanción dirixida ao concelleiro de obras, motivada polo presunto uso indebido de Gasóleo B no parque móbil municipal.

Tras unha inspección rutineira, o organismo regulador decatouse de que os vehículos analizados estaban a empregar esta clase de combustible bonificado, coñecido comunmente como “Gasóleo Vermello”. Leste ten os seus usos tipificados na lei 38/92 os cales están enfocados principalmente ao sector agrícola. Atopámonos ante un suposto caso de fraude e pronto coñeceremos a canto ascende a sanción imposta pola Axencia Tributaria Estatal.
Os populares de Tomiño acabamos de descubrir a través do rexistro de entrada que desde o goberno municipal estarían a presentar supostas facturas de combustible convencional cando realmente estaríase enchendo estoutro, aproveitando que a diferenza de custo por litro adoita roldar os 40 céntimos. Os tomiñeses deben coñecer toda a verdade. Xa non valen medias tintas. Instamos ao BNG a non caer na bajeza de culpar a algún traballador municipal para eludir responsabilidades como afán.

Desde o Partido Popular de Tomiño vímolo anunciando hai tempo: estamos #ante un goberno carente de transparencia. Esiximos explicacións públicas á máxima responsable do goberno nacionalista: Sandra González debe dar a cara e asumir a súa culpabilidade no caso de que se confirme todo este escándalo. Xa abonda de mentiras. Hai que poñerlle fin a este despropósito

Publicacións Relacionadas