Home Pontevedra O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil visita Salceda de Caselas para avaliar...

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil visita Salceda de Caselas para avaliar os danos producidos polas fortes choivas

- Anuncio -

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil José Antonio Quiroga visitou, a petición da alcaldesa Verónica Tourón, as zonas máis afectadas no concello de Salceda de Caselas polas fortes choivas de Nadal e Aninovo. Esta visita encádrase na liña de xestión iniciada pola rexedora municipal para abrir vías de colaboración coas diferentes administracións públicas co obxectivo de paliar os danos provocados polas abundantes precipitacións.
O presidente da Confederación, acompañado polo equipo de goberno, puido apreciar de primeira man os danos sufridos en dúas das zonas máis afectadas, a que corresponde a área industrial do Cerquido e a correspondente a senda do río Caselas na parroquia de Entenza, que como o resto das sendas fluviais do municipio sufriron importantes e numerosos danos.
Verónica Tourón e o concelleiro de Medio Ambiente Rubén González transmitíronlle ao presidente da Confederación a necesidade de acometer a limpeza dos cursos fluviais do municipio como o río Caselas ou os ríos Becerreira e Tinto situados na zona industrial do Cerquido, como medida urxente a levar a cabo tras o episodio de inundacións e fortes choivas sufridas o 1 de xaneiro.
José Antonio Quiroga tamén amosou interese polos diferentes proxectos que dende o equipo de goberno se queren levar acabo relacionados coa planificación de sendas fluviais e rede de saneamento.
O goberno municipal expresou a súa satisfacción pola visita do máximo responsable da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ao concello de Salceda.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas