Home A Coruña O BNG solicita que a totalidade das relacións da cidadanía coa Garda...

O BNG solicita que a totalidade das relacións da cidadanía coa Garda Civil e co Xulgado de Paz de Oleiros se poidan facer de xeito presencial

- Anuncio -

Iván Roca, concelleiro do BNG: “É inadmisíbel que, por exemplo, para denunciar un delito de roubo de vehículo a única vía existente sexa a cita previa”

O BNG demanda a instauración das opcións presencias perante o xulgado de paz de Oleiros. A única maneira para realizar un trámite no xulgado de paz de Oleiros é coa obtención de cita previa e a ocupación máxima desa dependencia é dunha única persoa


O ”Defensor del Pueblo” asegura que a petición de quenda forzosa incumpre a Constitución española, e diversos expertos en dereito consideran ilegal este sistema da cita previa.

No BNG de Oleiros estamos a recibir constantes queixas e observacións por parte da veciñanza, relativas á obrigatoriedade de, en determinados supostos taxados e para solicitaren a cita previa, teren que utilizar e relacionarse coa Garda Civil de maneira exclusiva e imperativa mediante a opción denominada “Aplicación e-denuncia”.

Esta imperatividade da cita previa está prevista mesmo para a denuncia de determinados casos que afectan a presuntos delitos recollidos no Código Penal como, por exemplo, os casos de roubo de vehículos, en vehículos ou furtos. A devandita aplicación “e-denuncia” presenta problemas de índole práctica mesmo para persoas dixitalizadas, como puidemos comprobar en reiteradas tentativas e ocasións.

Por outra banda, no Xulgado de Paz de Oleiros establécese como única opción dispoñíbel para a cidadanía a da Cita previa “Sólo se atiende con cita previa” e “AFORO MÁXIMO UNA PERSONA POR FAVOR, ESPERE SU TURNO”. Iván Roca considera “escandaloso que se sigan a aplicar para unha situación de normalidade as mesmas medidas que se aplicaban unha pandemia de índole mundial que provocaba centos de mortos cada día. Semella que existe medo na Administración da cidadanía, poñendo atrancos? Nunha relación que debe ser de servizo á mesma, eixo básico da Función Pública”.

Solicitamos, pois tanto ao Xulgado de Paz como á Garda Civil de Oleiros, que reparen á maior brevidade estas anomalías e sexa reinstaurada a relación directa e presencial da cidadanía coas diferentes Administracións.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas