Home Pontevedra Poio Poio esixe á Xunta, mediante acordo plenario, medidas urxentes para garantir a...

Poio esixe á Xunta, mediante acordo plenario, medidas urxentes para garantir a atención sanitaria pública en Poio

- Anuncio -

• Apróbase unha moción conxunta a través da cal se insta á Consellería de Sanidade a que garanta a cobertura de prazas vacantes de profesionais, a fin de garantir “un servizo digno” tanto no concello como en toda a área sanitaria de Pontevedra – O Salnés

• A edil de Sanidade, Marga Caldas (BNG), lembra que segue aberta a inscrición para participar na gran mobilización convocada para o 12 de febreiro en Santiago, para a cal o Concello porá a disposición das persoas anotadas autobuses gratuítos

A Corporación municipal vén de aprobar no último Pleno ordinario de xaneiro unha moción conxunta, elaborada por todos os grupos políticos con representación no órgano (BNG, PSdeG-PSOE, Avante Poio e Partido Popular), a través da cal instan á Xunta de Galicia a que adopte medidas urxentes “para garantir a atención sanitaria pública en Poio”. Ademais, o texto tamén incide na necesidade de que o Goberno autonómico afronte a necesidade de reforzar a cobertura de prazas vacantes e prestar unha atención sanitaria pública “digna”, tanto no propio concello como na área sanitaria Pontevedra – O Salnés.

A concelleira de Sanidade, Marga Caldas (BNG), lembra que a situación actual en Poio “é insostible, con listas de agarda interminables e cunha das maiores saturacións dos e das profesionais de toda Galicia nos nosos centros de saúde”. Ante esta situación, Caldas fai referencia tamén ao punto da moción no que se anima á cidadanía a participar na gran mobilización convocada para o domingo 12 de febreiro en Santiago, co obxectivo de salvar a Atención Primaria e o Sistema Sanitario Público Galego, que “está en risco de desmantelamento”.

Neste sentido, a concelleira do Goberno municipal recorda que o Concello porá a disposición da veciñanza autobuses gratuítos para tomar parte na manifestación. A saída está prevista o propio día 12, ás 10.30 horas, na Seca (San Xoán). As inscricións seguen abertas e poden realizarse no Consistorio, chamando ao 986770001 ou enviando un whatsapp ao teléfono 604047450, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Tamén é posible anotarse na Aula de Lectura do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. Este pasado mércores, Marga Caldas participou nunha charla celebrada no Casal de Ferreirós, que tivo como protagonista a Manuel Martín, voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública, na que explicou os pormenores desta campaña reivindicativa e a situación na que se atopa este servizo na actualidade.

Relacionadas

Facer o Camiño en Handbike e Joëlette

0
Un grupo de persoas usuarias e voluntarias do Instituto Médico Pedagóxico de Barcelona e de Discamino fixeron un alto na súa viaxe a Santiago...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

A Plataforma da estrada EP-2702 que lidera a loita pola rehabilitación, reúnese co alcalde...

0
O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse hoxe cos integrantes da plataforma da estrada EP-2702 para abordar os trámites relacionados co inicio...

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

Publicacións Relacionadas