HomePontevedraPontevedraAlberto Pazos será o director de campaña do PP de Pontevedra para...

Alberto Pazos será o director de campaña do PP de Pontevedra para as municipais do 28M

- Anuncio -spot_img

O voceiro do Partido Popular de Pontevedra e deputado autonómico, Alberto Pazos, será o director de campaña provincial para as eleccións municipais do 28 de maio. Unha convocatoria na que os populares aspiran a mellorar os resultados de 2019 e incrementar a súa presencia nos 61 concellos da provincia. Con todo, recordan que nesas eleccións foron o único partido que conseguiron representación en todos os concellos e deputados en todos os partidos xudiciais.

Alberto Pazos sinala que “temos por diante uns meses de moito traballo, de moita intensidade, para reforzar unha labor que xa vimos facendo durante todo o mandato, que é estar na rúa, ao carón dos veciños, escoitando e atendendo as súas preocupacións e intentando aportar solucións”. Por iso, nas semanas que quedan ata o 28 de maio, sinala que “o obxectivo é intensificar esa presencia, dar a coñecer os proxectos que o PP ten para cada un dos concellos da provincia e facer unha campaña en positivo, explicando a importancia de que os Gobernos locais os conformen partidos que garantan crecemento e estabilidade”. Recorda que “as eleccións municipais de maio son determinantes para o futuro dos nosos concellos. A política local é a que transforma o concello no que vivimos. E alí onde gobernamos, os veciños xa saben que os alcaldes do PP son unha aposta segura, e nos municipios onde aínda non o facemos, comprobarán nos próximos meses todo o que podemos ofrecer para cambiar as cousas”.

Publicacións Relacionadas