Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación reforza a colaboración con Expourense

A Deputación reforza a colaboración con Expourense

- Anuncio -

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo esta mañá unha reunión de traballo no Pazo Provincial co director xerente do recinto feiral, Rogelio Martínez


O goberno provincial cooperará na mellora das instalacións e afondará no apoio das actividades que se realizarán en Expourense ao longo de 2023


Manuel Baltar puxo en valor o traballo realizado por Expourense “posicionando a Ourense como referente internacional no sector feiral”


O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, co obxectivo de avaliar as liñas de colaboración abertas co foco neste 2023. Un ano no que, segundo concretou o titular do goberno provincial trala reunión, a Deputación afondará nesta colaboración, cooperando na mellora das instalacións ademais de apoiar as actividades que se realizarán no recinto ourensán nos vindeiros meses.


Despois da reunión no Pazo Provincial, Manuel Baltar remarcou a “longa e estreita colaboración” entre a Deputación e Expourense, “que ten neste goberno provincial a un aliado fundamental para levar a cabo feiras internacionais de primeiro nivel como Xantar, Termatalia -que este ano celebrarase en Uruguay- ou Funergal”.


O presidente da Deputación puxo en valor o traballo realizado por Expourense na “dinamización do noso territorio, tecendo alianzas entre o sector público e o privado, favorecendo as sinerxías e o traballo en rede aos dous lados do Atlántico e posicionando a Ourense como unha referencia internacional no sector feiral”. Ademais, Manuel Baltar tamén resalta a “demostrada capacidade” de Expourense para acoller competicións de atletismo ou eventos de ocio, “sendo unha boa mostra da súa potencia como un motor de progreso para Ourense”.

Relacionadas

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao sector agrario e gandeiro da provincia...

0
O presidente provincial asina co director da Fundación, Ricardo Durán, un convenio para cooperar na organización de feiras e mercados agrarios que potencien a...

Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

Publicacións Relacionadas