Home A Coruña Alternativa de Bergondo reclama o proxecto para o centro social de Rois

Alternativa de Bergondo reclama o proxecto para o centro social de Rois

- Anuncio -

Sempre que se menciona esta cuestión bota man da escusa da suposta necesidade de contar co PXOM, cando, para o caso, non é necesario e, por outra parte, tampouco ten disposición algunha para aprobar o Plan Xeral de Bergondo, como ben é sabido.

Unha das vellas aspiracións de Alternativa dos Veciños (que ademais forma parte do noso programa electoral) é a construción dun centro social en Rois, única parroquia das nove que aínda non conta con esa infraestrutura. Temos abordado este asunto coa alcaldesa en diversas ocasións, sendo sempre a resposta desta ambigua e sempre, tamén, vencellada á suposta necesidade de que o futuro PXOM recolla unha nova parcela dotacional na parroquia onde poder instalar ese centro social. Recentemente outro grupo político da corporación presentaba unha moción ao pleno pedindo ese centro social. A resposta da alcaldesa consistiu en enmendar a moción do grupo propoñente coa inclusión da famosa “coletilla” do PXOM. É dicir, unha vez máis utiliza a coartada/escusa do PXOM para “torear” unha boa proposta.
Dixémolo no pleno e facemos de novo a proposta:
– Non é necesario construír un centro social dun gran tamaño. A veciñanza de Rois o que reclama é un local digno e non ser sempre e para todo a parroquia esquecida.
– Tomamos como referencia o local social de As Angustias (Betanzos), un local digno e con un tamaño axeitado tendo en conta a poboación de Rois e o tamaño da actual parcela dotacional da parroquia, nun lugar estupendo, preto da igrexa parroquial e dos actuais parque e pista deportiva de Rois.
– Un local de aprox. 70 metros cadrados (como o da Angustia) cabe perfectamente na actual parcela e non interfire nin achica (en absoluto) outros equipamentos desa mesma parcela. (Axuntamos planos).

Xa que logo reclamamos á alcaldesa que desbote as súas reticencias ao respecto e encargue xa a redacción do proxecto construtivo dun local social na parroquia de Rois. En caso de non ter tempo ou gañas de levar a cabo esa misión pedímoslle que delegue esa responsabilidade no concelleiro de infraestructuras, Juan Fariña. Fariña farao encantado e sen demoras innecesarias nin escusas sen fundamento.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas