Home Pontevedra O concello inaugura o Forno do Cal cunha homenaxe aos antigos traballadores

O concello inaugura o Forno do Cal cunha homenaxe aos antigos traballadores

- Anuncio -

O acto, aberto e ao aire libre e ao que o goberno local convida a toda a veciñanza, será este sábado ás 12 horas e contará cunha actuación musical

O Concello de Vilaboa celebrará este sábado ás 12 da mañán un pequeno acto de inauguración do Forno do Cal, un espazo recuperado para o desfrute veciñal a través do GALP.

O Concello convida a toda a veciñanza de Vilaboa a asistir a este homenaxe público a todas as persoas que dalgún xeito estiveron ligadas a este entorno e sobre todo ás persoas traballadoras neste forno, moitas delas falecidas xa pero que estarán representadas por algún familiar.

O acto, que será ao aire libre e totalmente aberto, contará coa actuación musical de Ceci e Miguel.

Cabe recordar que o Forno do Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres que antes da actuación estaba oculto pola maleza e que grazas a unha actuación xestionada a través do GALP foi recuperado.

Nos últimos meses escolares dos centros de Vilaboa visitaron este entorno para familiarizarse con esta parte da historia local.

O proxecto incluiu a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento inferior aos 100.000 euros e que precisou os permisos sectoriais de Costas, Medio Ambiente e Patrimonio.

O Forno do Cal está situado nunha parcela propiedade da empresa Pescapuerta, que cedeu o uso e os terreos para proceder á rehabilitación. O Concello asinou tamén un acordo coa Comunidade de Montes de San Adrián para a cesión dos terreos colindantes para o acondicionamento da zona que vai desde a Ponte de Rande ata a Punta de Atravesada.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas