Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Jorge Cubela e membros da Comisión presentan o programa de festas de...

Jorge Cubela e membros da Comisión presentan o programa de festas de San Blas de Rebordelo

- Anuncio -

• Ao mediodía poderase degustar polbo á feira amenizado por Os Afoutes do Canón de Pau e á tarde, fabada de balde ás 20 horas

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, o tenente de alcalde Fernando Vázquez e os membros da Comisión de Festas de San Blas de Reboredelo Isabel Fentanes e Daniel Fariña fixeron público o programa lúdico-festivo que se desenvolverá o sábado 4 de febreiro.

O programa festivo arranca o sábado 4 de febreiro pola mañá coas salvas de bombas e pasarrúas a caggo da Asociación Cultural Os Afoutes do Canón de Pau. Ás 13 horas haberá misa solemne na Capela de San Blas, seguida de procesión.

A sesión vermú correrá a cargo do grupo de gaitas dos Afoutes do Canón de Pau e haberá un servizo de polbería a cargo de Polbeiría Fuchela para que os asistentes poidan degustar este manxar no entorno da festa ou mesmo levalo para as súas casas.

Pola noite, a partir das 20 horas, terá lugar unha degustación gratuíta de fabada para todos os asistentes. Unha hora máis tarde, comezará a verbena que estará a cargo dos grupos 3.COM e TIC TAC, dúas agrupacións moi coñecidas en toda a comarca polos seus ritmos e animación musical.

Todos estes actos desenvolveranse baixo unha gran carpa e haberá calefacción para facer máis agradable a festa e a estancia do público.

O alcalde, Jorge Cubela felicitou aos membros da comisión de festas polo programa deseñado para esta ocasión e animou á veciñanza a comezar ben o ano participando neste tipo de eventos festivos que contribúen a manter vivas as nosas tradicións e a dinamizar o medio rural.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas