Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colaborou no proxecto do módulo bioclimático deseñado polo alumnado do...

A Deputación colaborou no proxecto do módulo bioclimático deseñado polo alumnado do IES As Lagoas

- Anuncio -

O proxecto, presentado esta tarde coa presenza do vicepresidente Rosendo Fernández, servirá de laboratorio sobre a eficiencia enerxética

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta tarde no IES As Lagoas de Ourense na presentación do proxecto de vivenda pasiva deseñado polo alumnado de STEMBach do centro, e que contou coa colaboración da Deputación de Ourense. Este proxecto centrouse no deseño e construción dun módulo bioclimático que servirá de laboratorio sobre a eficiencia enerxética.

Rosendo Fernández estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; e representantes do profesorado e alumnado do centro.

Na súa intervención, o vicepresidente resaltou que é “unha honra para a Deputación acompañar ao centro educativo nun proxecto tan innovador”, sinalando que “dentro do papel de cooperación do goberno provincial ten un carácter primordial apoiar iniciativas estratéxicas como esta”.

Os estudantes involucrados na planificación desta construción forman parte do bacharelato STEM, unha modalidade formativa de excelencia que busca promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica. En colaboración coa UVigo e con docentes do grupo de investigación Ephyslab, o estudantado do IES As Lagoas realizou ao longo de tres anos todo o proxecto técnico, incluíndo características do módulo bioclimático como os materiais, orientación e proporcións. A partir de agora, este hábitat pasivo converterase nun espazo de experimentación enerxética para os alumnos do centro educativo.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Óscar López e Asociación Cultural Auriense obteñen os primeiros premios do concurso dos maios...

0
Os galardóns ás mellores coplas foron para Auriense (persoas adultas) e a AFA do CEIP Saco e Arte (infantil), e o do maio infantil...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

Publicacións Relacionadas