Home Pontevedra O concello de Vilaboa pon en marcha un Programa de Educación Vial...

O concello de Vilaboa pon en marcha un Programa de Educación Vial para escolares

- Anuncio -

As charlas, impartidas polo axente da Policía Local, desenvolveranse en todos os centros escolares, incluídos os CRAs, adaptadas a cada ciclo de idade

Ainda que apenas resta un mes para que Javier Seoane poida celebrar o seu primeiro ano como axente da Policía Local en Vilaboa, tivo tempo suficiente para deseñar un Plan de Educación Vial que arrancou no último trimestre de 2022 e que se intensifica a medida que o curso avanza.

O programa impartirase en todos os niveis educativos tanto en educación Infantil, Primaria e ESO dos diferentes centros educativos de Vilaboa, incluídos os CRAs, abordando en cada unha delas temas relacionados co tráfico dun xeito acorde ás idades do alumnado co obxectivo de que os escolares coñezan o tráfico, a súa organización e os elementos que a conforman.

Javier Soage contará con diferentes elementos móbiles que lle servirán de soporte para que os escolares comprendan conceptos esenciais para a súa seguridade e que irán desde o seu correcto comportante cando son peóns e cando son usuarios de vehículos particulares ou de transporte público. Valerase tamén de vídeos, nos que víctimas de accidentes de tráfico a causa da condución baixo os efectos de drogas ou alcol compartirán as súas experiencias.

O ciclo de Educación Vial prestará tamén unha atención especial á condución de bicicletas ou ciclomotores, para alumnado da ESO, no que as explicacións teóricas incluirán información sobre as moitas causas que poden provocar un accidente de circulación.

O alumnado de cuarto da ESO terá unha charla específica sobre as consecuencias da conducción baixo os efectos do alcol e as drogas co obxectivo de fomentar unhas actitudes de respeto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, considera esencial este traballo preventivo cos escolares e estuda a posibilidade de instalar un parque permanente de educación viaria nas proximidades do colexio público de Riomaior. “A información é a clave para formar condutores e peóns responsables. Aprenderán a previr situacións de risco cando camiñan, cando esperan o autobús ou cando van en bicicleta por vías interurbanas como as nosas”.

O programa reforzará tamén as charlas preventivas organizadas para escolares da ESO ainda que desde o punto de vista do tráfico e da conducción. “Familiarizaranse con conceptos tan importantes como as alteracións que producen as drogas e como afectan cando conduces”, apunta César Poza.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas