Home Ourense O Carballiño Establecer/ampliar o servizo de tren entre o Irixo, Carballiño e Ourense

Establecer/ampliar o servizo de tren entre o Irixo, Carballiño e Ourense

- Anuncio -

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo INSTA Ó GOBERNO MUNICIPAL Á DEIXAR AS FESTAS DE LADO E TRABALLAR POLO TRANSPORTE PÚBLICO NO IRIXO.

Queremos unha mellora na conexión de tren co Carballiño e Ourense.

É importante que os servizos de tren diarios entre O Carballiño e Ourense restablecidos o pasado mes de decembro por Renfe, se amplíen uns poucos quilómetros, facendo saída e chegada entre O Irixo e Ourense, con paradas en Boborás e O Carballiño, sumando así máis de 3.500 persoas da veciñanza dos concellos de O Irixo e Boborás.

Que como xa acontece noutras comunidades autónomas, onde o acordo entre o seu goberno autonómico e Renfe fai que en situacións similares a plantexada, o tren chegue a máis persoas, ampliándose os traxectos a zonas máis despoboadas para dar un servizo público ata o de agora moi escaso.

Recordar que nos últimos anos son varias as mocions levadas os plenos do Irixo polos socialistas en materia de transporte, a creación dun transporte público entre O Irixo e o Carballiño, instando a participación do Irixo na mesa do transporte creada no ano 2016, a defensa da venda de billetes na estación do Carballiño ou unha moción para crear un transporte público municipal, especialmente os dias de feira, entre O Irixo e O Carballiño, entre outras…

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN PARA ESTABLECER/AMPLIAR O SERVIZO DE TREN ENTRE O IRIXO, CARBALLIÑO E OURENSE instando ó Concello a:

1º.- Que o concello de O Irixo inste a implicarse activamente o Goberno Galego da Xunta de Galicia e a Renfe para chegar a un acordo de colaboración que permita ampliar os servizos de tren diarios entre O Carballiño e Ourense tendo saída e chegada no Irixo e incluso parada en Boborás ampliando así o servizo nuns máis de 3.500 habitantes destes concellos.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas