Home Xunta de Galicia A Xunta abre dúas liñas de axuda para apoiar o tecido empresarial...

A Xunta abre dúas liñas de axuda para apoiar o tecido empresarial en proxectos de economía circular e con préstamos directos

- Anuncio -

― Estas dúas liñas de apoios están abertas desde este mes e suman en total preto de 20M€

― Conde avoga pola colaboración entre administracións e, á súa vez, co tecido produtivo para abrir novas oportunidades para a atracción de investimentos

― Destaca os bos datos de exportacións acadados na provincia de Ourense de xaneiro a novembro, con 1333,2 millóns de euros, un 21,5% máis que no mesmo período de 2021

― Refírese á comarca de Valdeorras como a capital do sector da lousa en Galicia, onde se concentra o 90 por cento da produción, con 2400 postos de traballo vinculados en toda a Comunidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, informou hoxe da convocatoria de dúas liñas de axudas para apoiar o tecido empresarial galego en proxectos de economía circular e con préstamos directos.

Durante a súa participación nunha xornada de networking en colaboración coa Asociación de Empresarios do Barco de Valdeorras, Conde explicou que a primeira destas liñas de apoios, para promover procesos e consumos máis eficientes entre pemes e autónomos, suma 1,5 millóns de euros e está aberta desde este mes. Achega axudas máximas de ata 200.000 euros para proxectos colectivos e de 75.000 euros para iniciativas individuais.

Por outra banda, a segunda liña son préstamos directos que suman 18M€ e que, desde este mes, a Xunta pon á disposición de pemes, autónomos, centros tecnolóxicos, fundacións e organizacións empresariais. Teñen como obxectivo financiar investimentos estratéxicos e tamén axudar á industria fronte ao incremento do custo das materias primas e a enerxía.
Na súa intervención, Conde, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, avogou pola colaboración entre administracións e, á súa vez, co tecido produtivo para abrir novas oportunidades para a atracción de investimentos. Ao respecto, referiuse á contribución que fan os Concellos Emprendedores —como O Barco de Valdeorras e Carballeda de Valdeorras— á hora facilitar a implantación de novos proxectos empresariais que veñan diversificar e complementar o tecido produtivo galego.

Conde salientou a importancia de “estar preto das empresas; sobre todo —puntualizou—, das máis pequenas” e, nese contexto, destacou os bos datos de exportacións acadados na provincia de Ourense de xaneiro a novembro, con 1333,2 millóns de euros, un 21,5% máis que no mesmo período de 2021. Neste contexto, recoñeceu que a comarca de Valdeorras é a capital do sector da lousa en Galicia, onde se concentra o 90 por cento da produción, con 2400 postos de traballo vinculados en toda a Comunidade.

Relacionadas

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferencia de residuos e...

0
— A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo...

O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscrición para a súa vixésima edición

0
— O curso, en formato virtual, volverá contar con expertos no financiamento comunitario que a través de contidos teóricos e prácticos achegarán as opcións...

O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do...

0
— O Goberno galego investirá 615.000 euros anuais ata 2028 na atención a adolescentes que cumpren medidas xudiciais en réxime aberto — Trátase dun incremento...

Un total de 40 centros de toda España darán a coñecer mañá exemplos de...

0
— Uns 300 profesionais asistirán a este encontro co obxectivo de reivindicar o papel do ensino rural na sociedade — A cita, que acollerá conferencias,...

A Xunta apoia o liderado feminino das altas directivas galegas

0
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá na clausura da primeira edición do proxecto Real Impact Women, impulsado polo...

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

Publicacións Relacionadas