Home A Coruña O Concello oferta nunha nova convocatoria 56 prazas nas Escolas Infantís Municipais

O Concello oferta nunha nova convocatoria 56 prazas nas Escolas Infantís Municipais

- Anuncio -

Na actualidade, ofértanse prazas na EIM Agra do Orzán, Arela (Elviña), Carricanta (Castrillón), Os Rosales, Luis Seoane (Monte Alto), EIM de Monte Alto e Os Cativos (Palavea)

O Goberno de Inés Rey foi pioneiro en Galicia na gratuidade das escolas, unha medida que beneficia a máis de 500 familias

O Concello da Coruña, a través do servizo municipal de Educación, vén de abrir unha nova convocatoria para a solicitude de prazas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), con 56 vacantes para nenas e nenos nados entre os anos 2020 e 2022. O prazo de solicitude, que xa está aberto, rematará o vindeiro mércores 15 de febreiro.

Estas 56 prazas, correspondentes ao curso 2022-23 na REIM, repártense entre sete das oito Escolas Infantís Municipais: EIM Agra do Orzán, EIM Arela (Elviña), EIM Carricanta (Castrillón), EIM Os Rosales, EIM Luis Seoane (Monte Alto), EIM de Monte Alto, EIM Os Cativos (Palavea).

Por tramos de idade, a relación de prazas libres é: 2 prazas en aulas de ata 1 ano de idade; 10 en aulas de 1 a 2 anos de idade; e 44 en aulas de 2 a 3 anos de idade. A distribución, por Escolas Infantís Municipais, é a seguinte:
AULAS AGRA ARELA CARRICANTA OS ROSALES LUIS SEOANE MONTE ALTO OS CATIVOS
0-1 (2022) 0 0 2 0 0 0 0
1-2 (2021) 1 0 0 3 1 0 5
2-3 (2020) 5 6 5 0 6 4 18
Por segundo ano consecutivo, o servizo é gratuíto para as familias, reforzando a aposta do Goberno de Inés Rey pola conciliación. A medida foi posta en marcha no presente mandato como parte do plan de axuda ás nais e pais con crianzas, e xa beneficia a máis de 500 unidades familiares da cidade.

A solicitude de praza na Rede de Escolas Infantís Municipais

A documentación e a ficha de solicitude asinada polos proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello, habilitado a través desta ligazón, ou ben a través dos seguintes rexistros municipais: o do propio Concello, na praza de María Pita; o rexistro auxiliar da rúa da Franxa; o do Fórum Metropolitano, na rúa Río Monelos; e o rexistro do Centro Sociocultural Ágora.
Será necesario, en todo caso, solicitar cita previa.

Relacionadas

Reunión coas ANPAS do Concello de Ribeira

0
O alcalde de Ribeira e a concelleira de educación, Cruz Rivadulla, mantiveron unha reunión coas ANPAS do Concello nun esforzo por estreitar a colaboración...

O prazo para inscribirse ao Encontro de Maiores de Bergondo xa está aberto

0
· Celebrarase o 2 de xuño e ten un prezo de 10 euros. · As persoas interesadas en apuntarse deberán facelo no gabinete de alcaldía...

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo axudou a engancharse laboralmente a 4.500...

0
Case 4.500 persoas pasaron durante o pasado ano polo Centro de Formación e Emprego do Concello de Oleiros, unha plataforma municipal para impulsar a...

Incendio nunha fonte na avenida de Caión, no Concello de Arteixo

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arteixo foron alertados ao redor das 22:00 horas de onte, domingo 5 de maio, dun incendio nunha...

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Publicacións Relacionadas