Home O Morrazo Marín O BNG demanda no Parlamento Galego melloras na estrada PO-551

O BNG demanda no Parlamento Galego melloras na estrada PO-551

- Anuncio -

As obras da senda peonil están causando graves fendas na estrada PO-551 á altura do Pazo de San Brais, en Seixo, polo que esta semana a portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, xunto o deputado parlamentar, Paulo Ríos, visitaron o lugar para comprobar o estado do vial.

Lucía Santos lembra que “nas últimas semanas rexistráronse incidentes de afundimentos en diferentes estradas como na EP-0017 en Poio, o na N-642 na Mariña polo que cómpre actuar con rapidez antes de ter que lamentar algo parecido na PO-551.”

No mes de abril de 2021 deron comezo as obras de construción da senda peonil na estrada PO-551 entre Bagüín e Seixo, competencia da Xunta de Galiza, coa previsión de estar rematadas a comezos do 2022.

Este prazo non se cumpriu posto que as obras tiveron que ser paralizadas á espera dunha modificación do proxecto, xa que non contemplaba o paso da senda polo Pozo da Revolta, lugar de homenaxe ás persoas que alí foron fusiladas durante a ditadura franquista, polo que hobo que esperar por un novo proxecto para a construción dunha pasarela que se está executando.
Por outra banda, as obras da senda peonil están causando graves fendas na estrada PO-551 á altura do Pazo de San Brais, en Seixo, polo que esta semana a portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, xunto o deputado Paulo Ríos, visitaron o lugar para comprobar o estado do vial.
Lucía Santos indica que “a fenda, de grandes dimensións, está causando un afundimento nunha parte do vial. Ademais, a filtración da auga foi erosionando baixo o firme da senda peonil, quedando esta sen apoio, polo que existe o risco de derrubamento.”
Por todo isto, Paulo Ríos, deputado parlamentar do BNG, dará traslado á Consellaría de Infraestruturas do estado da estrada PO-551, instando “a reparar o vial de inmediato e non ter que lamentar un derrube do vial, xa que esta é unha das vías de comunicación máis importantes de Marín, que soporta o paso dun elevado número de vehículos a diario.”
Lucía Santos lembra que “debido á intensa chuva durante os meses de inverno, nas últimas semanas rexistráronse incidentes de afundimentos en diferentes estradas como na EP-0017 en Poio, o na N-642 na Mariña polo que cómpre actuar con rapidez antes de ter que lamentar algo parecido na PO-551.”

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas