Home Tabeirós A Estrada O PP veta a urxencia da moción do BNG que rexeita o...

O PP veta a urxencia da moción do BNG que rexeita o parque eólico do Campo das Rosas

- Anuncio -

Xoán Reices: “Derivar un asunto de vital importancia para o noso concello nunha comisión para tratar unha moción que o único que pide é que o goberno municipal actúe, mesmo xudicialmente, para frear o campo eólico do Campo das Rosas, demostra que o goberno de López inhibirase e deixará facer o lobby eléctrico.”

A Estrada, 3 de febreiro de 2023: O BNG da Estrada, a través da concelleira Susana Camba, presentou no pleno de onte xoves a moción sobre o parque eólico do Campo das Rosas. A concelleira presentou a iniciativa por urxencia e pedía o rexeitamento do pleno a este proxecto de Naturgy e instaba ao grupo municipal do PP a impedir por todos os medios, mesmo xudiciais, a instalación do citado parque eólico.

Segundo explicou o candidato do BNG, Xoán Reices, que asistiu ao pleno, “o PP rexeitou a urxencia da moción e deixando en mans dunha comisión, a pesar de ser un tema grave que afecta o noso concello e ten certa presa actuar con dilixencia para impedir a instalación do parque eólico no Campo das Rosas, que podería afectar a cabana cabalar da Rapa das Bestas e, por extensión á festa declarada de interese turístico internacional, é que é o evento máis relevante do noso concello”.

Reices teno claro, “rexeitar a urxencia da moción do BNG demostra que o PP de López non quere meterse con este asunto, que tanto preocupa aos veciños e veciñas de Sabucedo, e o único que fará é levar a moción do BNG a unha comisión, onde pedimos que o goberno municipal actúe, mesmo xudicialmente, para frear o campo eólico do Campo das Rosas.”

“Por outra parte”, indica Reices, “o alcalde tamén dixo que un acordo plenario non vaia a ningures o cal é un despropósito que diga iso un alcalde, xa que está minusvalorando a autonomía municipal para tomar acordos e accións de goberno, demostra, por se había algunha dúbida, que o PP non pensa facer nada para impedir o parque eólico do Campos das Rosas”.

“Xa indiquei hai poucos días”, engade o candidato, “López ten que elixir: ou está con Naturgy e a Xunta que aprobou este proxecto ou está cos veciños e veciñas de Sabucedo que rexeitan o parque eólico”. “De momento parece que se coloca ao lado dos seus e do lobby eólico, deixando tirados aos veciños e veciñas”, engade.

“Por outra parte”, engade Xoán Reices, “no BNG estamos sumamente preocupados pola inacción deste goberno a respecto dos parques eólicos que se instalarán proximamente no noso concello; hai varios proxectos en marcha, un é o do Campo das Rosas e outro o de Castrovalente, ambos xa contan coa bendición da Xunta e en ambos casos está en perigo o noso patrimonio inmaterial e material respectivamente”. “O PP é un perigo para a nosa cultura e o noso patrimonio”, afirma.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas