Home A Coruña O Concello remata os traballos de restauración e mantemento do skatepark dos...

O Concello remata os traballos de restauración e mantemento do skatepark dos Rosales

- Anuncio -

O Goberno municipal contou para estes traballos coa colaboración de persoas usuarias, que achegaron propostas técnicas e estéticas

A vindeira semana comezará as obras das pistas deportivas previstas na praza José Toubes

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Medio Ambiente, rematou os traballos de restauración e mantemento das instalacións do skatepark do barrio dos Rosales. O Goberno de Inés Rey levou a cabo estes traballos tras escoitar as demandas e necesidades das persoas usuarias deste espazo, dunha moi alta afluencia.

Para levar a cabo esta actuación contouse coa participación de persoas usuarias habituais da pista, que propuxeron diferentes melloras técnicas e estéticas. Durante os traballos, substituíronse e reparáronse as diferentes estruturas que estaban danadas.
Por outra banda, co obxectivo de dar solución á aparición de pintadas, representantes da arte urbana coruñesa encargaranse de executar diferentes creacións artísticas neste espazo.

Dirixirá esta proposta a Oficina Virtual do Graffiti, que coordinará o desenvolvemento do proxecto. “Estamos moi satisfeitos de poder contar co compromiso e a axuda da mocidade nestes labores de mantemento dunha pista tan demandada”, sinalou Esther Fontán, concelleira de Medio Ambiente.

Actuacións nas pistas de skate da cidade

O Goberno de Inés Rey está realizando un importante labor de renovación e creación de skateparks na cidade. Por unha banda, na vindeira semana comezarán os traballos para crear unha pista de skate e multideporte na praza de José Toubes. Esta actuación inclúe a
urbanización da contorna deste espazo con novas zonas verdes e espazos de lecer. As obras terán un orzamento e 450.000 euros e un prazo de execución de 4 meses.

Por outra banda, xa está aprobada a contratación das obras de renovación integral da pista de skate do parque de Eirís, que contará cun orzamento de 525.000 euros. Esta infraestrutura contará con dous espazos principais tal e como demandaban os usuarios e usuarias (un bowl e unha skatepraza), adaptando a instalación a outros deportes urbanos como a patinaxe, o BMX e os patinetes. Crearase ademais un paseo peonil con bancos, fonte e aparcadoiros para bicicletas en paralelo ao bowl, e na parte central haberá un xardín que actuará como espazo separador entre ambas as zonas.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas