Home Pontevedra O Condado A pasada semana José Adriano Oliveira Cruz, veciño de Monçao, visitou Salvaterra...

A pasada semana José Adriano Oliveira Cruz, veciño de Monçao, visitou Salvaterra de Miño

- Anuncio -

Xubilado da banca, este home decidiu dedicar o seu tempo á escritura e a investigación, obtendo na súa cidade natal a fonte de inspiración precisa que o motivo una búsqueda de información, arquivos e documentos que lle permitisen adquirir material suficiente para os seus libros(Viana, Braga ou Porto son destinos das viaxes en procura de calquer dato que poida resultar interesante).
A súa obra abrangue as diversas institución de Monçao, cun tempo de elaboración de entre 3 e 5 anos de media por cada exemplar que sae a luz.

“Desportivo, vida e obra o Desportivo de Monçao “foi o seu primeiro libro que foi editado en xuño de 2008 e que facía un repaso da historia do clube local dende a súa aparición no ano 1933 .
“Banda Musical de Monçao”, publicado no 2014 baixo o lema: 222 anos ao serviço da cultura, que relata todo o proceso da súa formación e historia dende o seu nacemento no ano 1792.
No ano 2021 foi editado o seu último libro, “Memorias de Monçao”, que fai repaso das distintas festividades do Concello dende o ano 1634, facendo fincapé en dúas especialmente como son o Corpus Christi e Festa da Coca.

Como dato a sinalar hai que dicir que José Adriano aporta todos os beneficios da súas obras ás institucións das que trata en cada libro, e que agora mesmo está traballando na elaboración dun 4º exemplar que de momento mantén sen revelar cara quen vai dirixido.

O noso Concello ten o privilexio de recibir en mans do propio autor os tres exemplares adicados, e que serán depositados na Biblioteca Municipal para a lectura dos veciños e veciñas de Salvaterra de Miño.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas