Home Xunta de Galicia A Xunta dota de material deportivo a 357 entidades da provincia de...

A Xunta dota de material deportivo a 357 entidades da provincia de Pontevedra cunha achega de case 2M€

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, entregou hoxe o equipamento concedido a unha trintena de clubs, sociedades anónimas e seccións deportivas da cidade pontevedresa na segunda convocatoria da liña de axudas para esta finalidade, que supuxo un investimento de 162.500 euros

— No conxunto de Galicia, estas entregas forman parte dos 4M€ investidos en 714 clubs e federacións na segunda convocatoria desta orde de subvencións

— Se se teñen en conta os 700.000 euros concedidos a case un cento de organizacións na primeira convocatoria, a dotación total da Xunta o ano pasado en equipamento para o tecido deportivo suma récord de 4,6M€

— O Goberno galego leva investidos nestas axudas máis de 10,3M€ desde 2009 en apoio á compra de material de máis de 1.700 federacións e clubs deportivos

A Xunta investiu o ano pasado na provincia de Pontevedra arredor de 1,9 millóns de euros en equipamento deportivo a 357 entidades. A maior parte da contía -1,6 millóns de euros- corresponde ao material cedido na segunda convocatoria desta liña de axudas a 320 entidades da provincia: 312 clubs, sociedades e seccións deportivas da provincia, xunto con 8 federacións, todas elas da cidade de Vigo. Na primeira convocatoria destas axudas, publicada tamén o ano pasado, foron beneficiarias outras 37 entidades -26 clubs e 11 federacións- da provincia pontevedresa, o que supuxo unha achega de máis de 241.000 euros.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo fixo hoxe entrega do material deportivo concedido a unha trintena de clubs, sociedades e seccións deportivas da cidade de Pontevedra, aos que a Xunta apoiou na adquisición de equipamento con máis de 160.500 euros. Estas achegas forman parte da segunda convocatoria de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivo. Ao acto tamén acudiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López.

En toda Galicia, esta segunda convocatoria chegou a 714 entidades deportivas -18 federacións e 696 clubs ou seccións deportivas- que percibiron máis de 4M€. Estas entidades súmanse ás 97 xa beneficiarias da primeira convocatoria destas axudas por un importe de 700.000 euros, dos que 490.000 euros corresponden aos clubs, sociedades e seccións deportivas e os 210.000 restantes ás federacións. Polo tanto, entre ambas ordes, o investimento histórico de 4,6M€ permitiu dotar do material necesario para garantir a actividade e o funcionamento de máis de 800 entidades deportivas.

Na cidade de Pontevedra foron beneficiarios da segunda convocatoria desta orde de axudas máis dunha trintena de entidades que representan distintas disciplinas deportivas e das que moitas estaban presentes no acto de hoxe.

Destaca o piragüismo con catro clubs que recibiron axudas: Club Piragüismo Verducido -Pontillón, Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, Club Naval de Pontevedra e Club de Piragüismo Río Verdugo. Tamén hai representación do baloncesto -Club Baloncesto Arxil, Boa Vila Basket e C.B. Estudiantes-; do fútbol -Asociación Xuvenil Deportiva Verdugo, Unión Sampaio C.F. e Pontevedra Club de Fútbol-; do atletismo -Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Club Atletismo Rías Baixas-; rugby -Pontevedra Rugby Club e Mareantes Rugby Club-; tenis de mesa -Monte Porreiro e Club Tenis de Mesa Pontevedra-; tiro olímpico -Cernadiñas Novas e río Lérez-; ou ximnasia -Club Pontus Veteris e Club Rítmica Xiada-. Tamén constan como beneficiarios o Club Bádminton Ravachol Pontevedra, Club Diverticáns de caza, sociedade de caza e pesca El Campo, peña ciclista Moto Bike, Club Escola Hungaresa de Esgrima, Club de Loita Pontevedra, Club de Natación e Salvamento A Estrada, Club Taekwondo Taekanar, Club Arco Xeve, Club Aromon Pontevedra Montañeiros A Roelo e Club Voleibol Pontevedra.

Diego Calvo puxo en valor o apoio da Xunta ao tecido deportivo da cidade pontevedresa coa entrega de equipamento destes clubs, sociedades e federacións. Inclúese material específico para cada disciplina -pértegas, canastras, porterías, discos, xavelinas, bicicletas, embarcacións, pistolas, cabinas de aire comprimido, tatamis e tapices, colchonetas, mesas de competición, manequíns de salvamento…-; ademais doutro material básico como furgonetas, material de ximnasio e robots de adestramento ou carros de transporte de material; e material sanitario como caixas de primeiros auxilios ou desfibriladores.

Por provincias, 235 entidades beneficiarias desta segunda convocatoria corresponden á da Coruña con 1,3M€ investidos en equipamento, 94 na de Lugo por máis de 516.600 euros, 55 na de Ourense por 295.200 euros e 312 na de Pontevedra por máis de 1,6M€.

Ademais, tamén se beneficiaron desta liña na súa segunda convocatoria 18 federacións deportivas na comunidade: 5 na provincia da Coruña -4 delas na cidade da Coruña xunto coa Federación Galega de Baloncesto de Santiago -; 4 na de Ourense, das que 3 están na cidade ourensá; e 8 na provincia de Pontevedra, todas elas na cidade viguesa.

O vicepresidente segundo da Xunta lembrou que o Goberno galego leva investidos desde 2009 un total de 10,3M€ a subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos, resultando beneficiarias máis de 1.700 entidades deportivas.

Neste 2023 manterase o apoio ao tecido deportivo cunha achega de 7M€. Por unha parte, 2M€ á orde de axudas ao funcionamento de clubs, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo que xa está publicada. E, por outra banda, resérvanse 5M€ á sinatura de convenios con 59 federacións da comunidade para contribuír ao seu funcionamento.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas