Home Vigo Baiona Bueu reclama medidas de actuación e o incremento da investigación contra o...

Bueu reclama medidas de actuación e o incremento da investigación contra o cancro

- Anuncio -

• A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro deu lectura a un manifesto no marco da concentración organizada na Praza do Concello polo Día Mundial Contra o Cancro

• No acto, que se celebrou ás 12 horas, estiveron presentes o alcalde e edís da corporación municipal, ademais de alumnado e veciñanza en xeral

A Praza do Concello de Bueu acolleu este venres, 3 de febreiro, unha xuntanza polo Día Mundial do Cancro que se conmemora mañá. O acto de hoxe, organizado pola Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello de Bueu, consistiu na lectura dun manifesto con motivo desta data, e tamén se colocou unha pancarta que estará todo o mes durante balcón da Casa Consistorial, ademais de instalar unha mesa informativa nas inmediacións da Praza de Abastos ao longo da mañá.

Rosalía Castro, integrante da Xunta Local da AECC, foi a encargada de dar lectura ao texto do manifesto preparado por esta entidade con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, nun acto no que participaron Félix Juncal, alcalde de Bueu, Ana Isabel Otero, concelleira de benestar social e igualdade, Silvia Carballo, edil de promoción económica e turismo, e Jesús Ángel Rodríguez, concelleiro do PP, ademais de alumnado e veciñanza en xeral.

O manifesto fai mención a que “no mundo, 1 de cada 2 homes e 1 de cada 3 mulleres terán cancro ao longo da súa vida” e tamén alerta de que “calcúlase que no ano 2030 21,6 millóns de persoas serán diagnosticadas de cancro, das cales máis de 330.000 serano en España, mentres que en Galiza haberá 21.214 diagnósticos e na provincial de Pontevedra, 7.157”.

Ante iso, dende a AECC reivindican que é necesario adoptar medidas de actuación inmediata, como o incremento da prevención do cancro, traballando nos determinantes sociais como factor de desigualdade na saúde; o aumento e o fomento dos programas de detección precoz desta enfermidade, garantindo o acceso equitativo e igualitario a estes programas, poñendo especial atención aos cribados de colon, pulmón e cérvix; e a dotación dos recursos precisos para a investigación oncolóxica, velando polo acceso dos resultados de investigación ao paciente.

Dende a AECC traballan para poder diminuír os datos de pacientes con cancro, e centran os esforzos tamén na concienciación social para poder acadar o desafío de que no 2030 a supervivencia sexa do 70%.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas