Home Xunta de Galicia A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e o concello de Barro...

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e o concello de Barro coinciden na necesidade de prestar atención especial ás infraccións no Camiño de Santiago

- Anuncio -

Durante un encontro recente revisaron os diferentes núcleos de poboación, espazos protexidos e infraestruturas do municipio, analizando as súas singularidades urbanísticas

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) trasladoulle ao Concello de Barro a necesidade de prestar unha atención especial a este municipio desde o punto de vista da disciplina urbanística tendo en conta que polo seu territorio pasa unha das rutas do Camiño de Santiago —O Camiño Portugués—, espazos que se atopan normativamente delimitados.

No transcurso dunha reunión para analizar os resultados da colaboración que manteñen o organismo autonómico e mais o Goberno local no eido do urbanismo, o director da APLU, Jacobo Hortas, e o rexedor, Xosé Manuel Fernández, coincidiron na importancia de seguir apoiándose mutuamente e centrar as inspeccións naqueles puntos que poden resultar máis delicados, como é o caso do Camiño, que é desde hai anos, como subliñou o responsable autonómico, “unha das prioridades” de actuación para os técnicos da Axencia.

A maiores, Hortas e Fernández incidiron na necesidade de seguir colaborando para velar polo cumprimento da normativa e do planeamento urbanístico e, de feito, aproveitaron o encontro para revisar os diferentes núcleos de poboación, espazos protexidos e infraestruturas de Barro, analizando as súas particularidades urbanísticas.

Pola súa parte, o rexedor municipal interesouse polas actuacións que leva a cabo a APLU co obxectivo de divulgar e mellorar o coñecemento sobre a ordenación do territorio, o urbanismo e a preservación da paisaxe como elemento e sinal de identidade.

Neste sentido, Jacobo Hortas subliñou que os técnicos da Axencia están á disposición dos municipios galegos fin de tratar de resolver calquera dúbida ou necesidade que poida xurdir, así como para ofrecerlles formación especializada ao seu persoal.

Cómpre lembrar que o Concello de Barro se adheriu a APLU no ano 2013 e, posteriormente, no ano 2019, ampliou a delegación de competencias na Axencia para seguir a garantir un uso sostible e ordenado do territorio e velar pola disciplina urbanística na localidade.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas