Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A petición de Cerdedo pola Sanidade Pública, o BNG reúnese coa plataforma...

A petición de Cerdedo pola Sanidade Pública, o BNG reúnese coa plataforma e comprométese coas súas reivindicacións en defensa da Atención Primaria

- Anuncio -

Ernesto Filgueira: “Temos que poñer freo ao deterioro e sistemático ao que a Xunta de Galiza e o PP está a levar á nosa sanidade pública”.

Ernesto Filgueira, portavoz dos nacionalistas de Cerdedo-Cotobade, ven de valorar o encontro mantido coa Plataforma Cerdedo pola Sanidade Pública celebrado na pasado noite como “unha oportunidade de facer unha entente común contra o despropósito da Xunta de querer esmagar o dereito da veciñanza a contaren cunha atención primaria de calidade, universal e digna”.

A reunión, celebrada nun ambiente distendido, tiña como principal obxectivo recoller todas as demandas da plataforma entre as que destacan a necesidade de recuperar a atención presencial, contar con atención médica todos os días, volver a ter atención de matrona e servizos de pediatría no Centro de Saúde de Cerdedo, dotar ao PAC de ambulancia con soporte vital avanzado e garantir que a resposta das urxencias sexa dentro duns tempos óptimos.

Ernesto Filgueira non só se compremeteu con cada unha das reivindicacións expostas polos membros da plataforma senón que, ademáis, deu conta de todo o traballo que levou a cabo o BNG ao longo de todo o mandato en favor dos deteriorados servizos sanitarios que se prestan nos tres centros de saúde do concello, e apuntou: “Recollemos centos de sinaturas en apoio á ILP en defensa da atención primaria, participamos en mobilizacións xunto coa veciñanza, presentamos unha batería de mocións en diversos plenos municipais, levamos iniciativas ao Parlamento de Galiza, e xa está ben. Non pedimos máis que o que nos corresponde e ao que temos dereito: unha atención sanitaria en condicións”.

O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, ofreceu un autobús gratuito á plataforma e a toda a veciñanza de Cerdedo-Cotobade para asistir á manifestación do 12 de febreiro en Compostela convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública, e pechou o encontro “agradecendo aos membros de Cerdedo pola Sanidade Pública o seu compromiso en favor da Atención Primaria e por facer desta loita unha causa común en defensa da sanidade pública”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas