HomePontevedraPontevedraDomínguez proxecta un edificio sociosanitario para persoas maiores no antigo asilo de...

Domínguez proxecta un edificio sociosanitario para persoas maiores no antigo asilo de Loureiro Crespo

- Anuncio -spot_img

• O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, avanzou unha nova proposta, dentro do programa electoral dos populares, centrará na actividade sociosanitaria da cidade

• “Creo nunha Pontevedra na que se coida e atende aos nosos maiores, aproveitando á vez edificios históricos que están pechados. Todas as administracións deben formar parte deste proxecto”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, avanzou unha nova proposta que incorporarán os populares ao seu proxecto para a cidade. Domínguez proxecta a creación e posta en marcha dun edificio sociosanitario, centrado na atención e coidado de persoas maiores. Para iso, o popular pide aproveitar o antigo asilo de Loureiro Crespo.

“Propoñemos que se acorde entre todas as administracións a compra deste edificio para poñer en marcha un centro de coidado e atención ás persoas maiores da cidade”, explicou o popular. A localización, para Domínguez, é óptima: “Trátase dun lugar céntrico, adaptado e que tería un impacto moi positivo na zona”.

Domínguez centrou a súa proposta no obxectivo de que Pontevedra “debe incrementar substancialmente o número de prazas sociosanitarias que se ofrecen”. “Esta idea enmárcase na Pontevedra que queremos para o futuro: temos un proxecto claro e decidido. Propuxemos instalar a universidade no centro da cidade e cremos firmemente na utilización do antigo asilo como centro sociosanitario”.
O plan do popular para estes edificios, di Domínguez, “daría vida a dous edificios do centro da cidade que están ou estarán baleiros en breve”. “Entendemos que é posible e que se necesita da colaboración de todas as administracións. Pero, desde logo, o que non pode ser é que vaiamos ter aínda máis edificios históricos baleiros no centro da cidade”, explicou.

“Eu creo nunha Pontevedra de futuro, nunha Pontevedra universitaria e de oportunidades, unha Pontevedra empresarial aberta a ría, unha Pontevedra turística, … Pero tamén creou nunha Pontevedra que coida e atende aos seus maiores, por tanto, desde o Partido Popular pensamos que se debe apostar firmemente pola creación dun centro municipal para o coidado os nosos maiores, utilizando edificios históricos da cidade que nestes momentos están pechados”, rematou.

Publicacións Relacionadas