Home Pontevedra Poio O programa Descubre Poio volve con novas formacións, xuntanzas temáticas e unha...

O programa Descubre Poio volve con novas formacións, xuntanzas temáticas e unha campaña promocional para consolidar Poio como destino sostible

- Anuncio -

• A tenente de alcalde e responsable da área, Silvia Díaz (Avante Poio), vén de trasladar a profesionais do sector os detalles da segunda edición da programación

• Un dos obxectivos a acadar é ofrecer a visitantes e turistas información de calidade para gozar da súa estancia no municipio, tendo tamén en conta as consultas que realizan nos establecementos

Xuntanzas temáticas, formacións gratuítas e iniciativas para dar visibilidade e reforzar a imaxe do municipio como destino de referencia máis alá da tempada estival son algunhas das iniciativas e accións que formarán parte da segunda edición do programa Descubre Poio. A tenente de alcalde e responsable da área de Turismo, Silvia Díaz (Avante Poio), mantivo esta semana unha reunión con profesionais do sector para trasladarlles os contidos dunha programación que, tal e como lembra a propia Díaz, “xa na súa primeira edición tivo unha gran acollida por parte, polo que damos resposta á demanda suscitada para repetir esta experiencia entre as persoas que rexentan ou traballan en negocios relacionados coa hostalería, os aloxamentos e o turismo”.

No encontro, que se desenvolveu no local de As Curuxas, Silvia Díaz explicou ás persoas participantes que o II Descubre Poio contará con xuntanzas mensuais nas que se porán en común as propostas e iniciativas do sector e do departamento de turismo. “O obxectivo é enriquecer experiencia turística e darlle valor engadido. As sesións grupais son unha canle efectiva de comunicación, e contribúen a consolidar a rede xa creada dentro do sector, ao tempo que se favorecen colaboracións entre os negocios vencellados á restauración, aos aloxamentos e outros servizos turísticos”, sinala a tenente de alcalde.

Estas reunións terán lugar no Casal de Ferreirós e en establecementos participantes, como foi o caso de As Curuxas para esta primeira reunión de 2023.

Nesta segunda edición do Descubre Poio volverán, asemade, as formacións gratuítas para profesionais do sector, que versarán sobre TICs, comunicación en redes sociais e mellora de rendibilidade de negocio. Son tres cursos con 18 horas formativas que se organizan tendo en conta os resultados da enquisa realizada en decembro, a través da cal as persoas participantes tiñan a posibilidade de seleccionar as formacións. Por último, Silvia Díaz confirma o lanzamento dunha nova promoción de Poio como destino turístico, ‘Sete días para descubrir Poio’. Trátase dunha campaña que se difundirá a través das redes sociais, con información, imaxes e diverso material audiovisual orientada a ofrecer recursos e atractivos que fagan que “os e as visitantes que veñan ao noso concello teñan a posibilidade de gozar do noso municipio durante unha semana como mínimo”. Neste sentido, a edil de Turismo ten claro que Poio conta “con numerosos e variados alicientes” para acadar esta meta. “Faranse unha serie de propostas de temática diversa, tendo en conta as achegas que nos trasladen desde o sector, en función das consultas que lles realice a súa clientela”, detalla Díaz, que pon como exemplo rutas para gozar en familia, lugares para cans, miradoiros ou emprazamentos con encanto.

Ademais, outro dos alicientes que ofrece a nova edición deste programa é que contará coa participación de Alvientooo, un blogger especialista en viaxes e creador de contidos veciño de Poio. “É de destacar o interese e a implicación que están a ter os e as profesionais á hora de adherirse a este programa”, afirma a edil de Turismo, que ten claro que o Descubre Poio “é unha ferramenta que nos axuda a avanzar no obxectivo de que a nosa marca turística non deixa de medrar, mellorando a imaxe turística e Poio e favorecendo un turismo sostible e diversificado, favorecendo a desestacionalización”.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas