HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra incia os trámites para a contratación da obra...

O concello de Salvaterra incia os trámites para a contratación da obra de ampliación do sanemento de Fornelos, Lourido, Pesqueiras e Cabreira, por un importe de preto de 250.000€ a través do Plan Concellos da Deputación Provincial

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño ven de publicar o inicio da tramitación para a contratación da obra de Ampliación do Saneamento en Fornelos, Lourido, Pesqueiras e Cabreira. Unha obra financiada a través do Plan Concellos da Deputación de pontevedra por un importe de preto de 250.000€.

Con estas obras o Concello pretende seguir incrementando e mellorando a rede de saneamento municipal, neste caso completando a rede de servicios existentes en Enxembre (Fornelos), Cantalarrana (Lourido), Ríal, Outeiriño e Gallamonde (Pesqueiras) e Laxe (Cabreira). En total executarase 580 metros de tubaxe de PVC de 315mm de diámetro e 1.445 metros de tubaxe de PVC de 250mm.

Publicacións Relacionadas