Home Pontevedra O Condado O Concello incorpora un novo vehículo todoterreo ao parque móbil da Policía...

O Concello incorpora un novo vehículo todoterreo ao parque móbil da Policía Local de Ponteareas

- Anuncio -

O Goberno municipal mantén a súa aposta por dotar a este corpo policial dos medios materiais necesarios e por reforzar o cadro de persoal

Ponteareas suma un novo vehículo ao parque móbil da súa Policía Local. O Concello acaba de incorporar á frota deste corpo policial un coche eléctrico híbrido de tipo todoterreo para realizar labores de patrulla no municipio. “Este é un paso máis na aposta do Goberno municipal por continuar dotando á nosa Policía Local dos medios materiais, técnicos e humanos necesarios para ofrecer o mellor servizo á veciñanza”, destaca a alcaldesa, Cristina Fernández.

Trátase dun novo vehículo da marca Hyundai, modelo Tucson, contratado en modalidade de ‘renting’ durante os vindeiros catro anos e que recolle todas as características necesarias para o correcto desenvolvemento do traballo da Policía Local. Suporá un investimento de 52.213 euros e, ademais da adaptación e o equipamento propio dos vehículos policiais tipo ‘Patrulleiro P-1’, inclúe todos os gastos derivados do seu uso, como mantemento, reparación e substitución de pezas, seguro, asistencia ou incluso vehículo de substitución.

Para esta nova mellora, o Concello contou cunha subvención de 33.600 euros para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de renting, aos corpos de policía local financiados polo Fondo de Compensación Ambiental.

A mellora de medios materiais para a Policía Local coa incorporación deste novo vehículo únese ao reforzo do cadro de persoal, que se triplicou nos últimos catro anos. Ao inicio do actual mandato, en xuño de 2019, a Policía contaba unicamente cun oficial en prácticas e sete axentes dos que tres se atopaban de baixa laboral. Deste xeito o Concello só contaba con cinco efectivos dispoñíbeis. A día de hoxe Ponteareas conta con 17 policías, dos que unha é oficial e 16 son axentes, estando unicamente un de baixa. Ademais neste ano estase tramitando a contratación de dous axentes máis e outro oficial.

Relacionadas

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 635.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 630.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 520.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 1,4 M € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e...

0
A institución provincial destinará 1,18 M € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos...

A Deputación organiza en maio no Museo de Pontevedra un curso de audicións comentadas...

0
A profesora Sara Domínguez Lloria dedicará cada mércores a unha obra destacada de grandes compositores: Saint-Saëns, Ravel, Mussorgsky e Rimski-Kórsakov A Deputación de Pontevedra organiza...

Publicacións Relacionadas