Home Pontevedra O Condado O Concello de Ponteareas incrementa a súa colaboración coas comparsas para os...

O Concello de Ponteareas incrementa a súa colaboración coas comparsas para os tradicionais desfiles do Entroido

- Anuncio -

Terán lugar o domingo 19 ás 17.00 h e o martes 21 ás 19.00 h

As asociacións ou colectivos interesados en participar poderán inscribirse dende o día seguinte á publicación das bases no BOPPO ata o 16 de febreiro

Ponteareas prepárase para recibir ao Entroido por todo o alto. Nesta nova edición, o Concello aumenta a súa colaboración coas comparsas para a súa participación nos tradicionais desfiles de Entroido que percorren as rúas da vila enchéndoas de cor e diversión. As asociacións ou colectivos interesados en participar poderán realizar a súa solicitude dende o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), prevista para a vindeira semana, ata o vindeiro xoves 16 de febreiro ás 12.00 horas.

Cada comparsa deberá contar cun mínimo de 25 participantes para poder optar ás mencións e gratificacións por participación. O Concello incrementa nesta edición a axuda por participación para cada comparsa, que se concederán a todas aquelas que participen os tres días de desfile en función do número de participantes. Ata 30 membros concederase unha axuda de 450 euros, e a partir dos 31 integrantes incentivarase cada membro da comparsa con 10€ a maiores, ata un máximo de 1.500 euros.

Haberá ademais mencións que concederá o xurado tendo en conta aspectos como a orixinalidade, a temática, o vestiario, a animación musical en directo, a coreografía, a tradición, a interacción co público, o uso de materiais reciclados e ecolóxicos ou a mellor carroza.

O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, anima a todos os colectivos e asociacións “a participar nesta nova edición do Entroido que busca fomentar e preservar os nosos sinais de identidade nunha actividade que contribúe á consolidación de Ponteareas como unha vila viva e dinámica”. As comparsas participarán nos desfiles, que se celebrarán o domingo 19 de febreiro ás 17.00 horas e o martes 21 ás 19.00 horas, así como no enterro da sardiña o mércores 22 ás 20.00 horas de rigoroso loito.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas