Home Vigo Mos Aberto o prazo de inscrición na terceira edición das andainas medioambientais do...

Aberto o prazo de inscrición na terceira edición das andainas medioambientais do Concello de Mos

- Anuncio -
  • A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron hoxe de que as persoas interesadas en participar este ano na iniciativa xa poden anotarse na web municipal.
  • A pasada edición foi todo un éxito de afluencia e en total participaron na iniciativa 1.500 persoas.

Mos repite programa de andainas medioambientais un ano máis, chegando xa á súa terceira edición. A iniciativa comezaba en 2021, ano no que se levaron a cabo 5 andainas. O ano pasado duplicáronse as saídas e realizáronse 10, unha por parroquia, nas que participaron en total, entre todas, 1.500 persoas. En 2022 triplicárose os participantes respecto á primeira edición, xa que en 2021 foi medio milleiro de participantes os que fixeron as andainas medioambientais do Concello de Mos.

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o edil de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron hoxe de que os interesados en participar neste novo programa de andainas de Medio Ambiente xa poden inscribirse gratuitamente a través da páxina web municipal www.mos.es accedendo ao formulario de inscrición na seguinte ligazón: https://www.mos.es/andainas-medioambiente/

As andainas realizaranse en domingos de 10 a 13 horas na primaveira e no outono. Levaranse a cabo 4 o 5 saídas en primavera e 5 ou 6 en outono. Os participantes recibirán como agasallo unha mochila e un chaleco.

O concelleiro Costas informou de que desde a administración local estase deseñando o percorrido das andainas en colaboración con diferentes colectivos parroquiais e xa se atopan definidas as características comúns que compartirán as andainas.

Todas terán un percorrido cunha lonxitude mínima de 6 quilómetros e máxima de 9 quilómetros. Ningunha delas poderá ter máis dun 20% do traxecto que transcorra por asfalto. Fomentarase o paso por zonas máis descoñecidas para a veciñanza como poden ser sendeiros de regadío, carreiros, pistas, etc. Toda aportación e idea dos diferentes colectivos colaboradores será benvida.

A participación neste programa é totalmente libre e de balde, e poden acudir membros de toda a familia, tamén cans se son sociables.

Os asistentes contarán con auga para beber durante o traxecto e vixianza e acompañamento por parte da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.

Este programa de andainas trátase dunha iniciativa que persegue o obxectivo de promover un lecer de goce do patrimonio natural local mosense, así como de concienciación medioambiental. Ocio pro medio ambiente.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas