Home O Morrazo Marín O Concello anima á veciñanza a “enredarse” co comercio local por San...

O Concello anima á veciñanza a “enredarse” co comercio local por San Valentín

- Anuncio -

O amor ten múltiples formas e se dalgo temos que estar namorados é do noso comercio local. Ese é o espírito da campaña de dinamización e visibilización da economía local que lanzou o Concello de Marín a través de Marín en Rede con motivo da cercanía do San Valentín.

A iniciativa foi presentada pola alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, esta mañá e nela “o que buscamos é precisamente mostrar que hai moitos tipos de afectos e que todos son importantes”. Baixo o lema “Enrédate co comercio local”, desde o Goberno local queren animar á veciñanza a “apostar polo noso comercio e a nosa hostalaría como o lugar onde facer as nosas compras, facendo progresar á nosa vila entre todos”.

Os protagonistas da campaña son:
● Luisa e Ana, perruqueira e clienta de Luisa Crespo Estilistas
● Sergio e Omar, irmáns á fronte de Joyería Rosant
● Fernando e Ángel, dono e cliente respectivamente da tenda Bio Granel
● Manuel e Kirsy, compañeiros no restaurante Casino
● Beatriz e Julia, irmás de Federópticos Doval
● Elena e Juan, nai e fillo da Farmacia Pedrosa Lorenzo
● Julio e Elaine, compañeiros no restaurante Javitxus
● Alicia e Andrés, parella que rexenta a clínica Alter Saúde

A campaña estará visible nos mupis da cidade, así como nunhas lonas que se colocarán a próxima semana. Tamén terá eco nas redes sociais e na pantalla LED da Praza de España.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas