HomePontevedraPontevedraA asamblea socialisa de Vilaboa ratifica a César Poza como candidato á...

A asamblea socialisa de Vilaboa ratifica a César Poza como candidato á alcaldía do PsdeG-Psoe para as eleccións de maio

- Anuncio -spot_img

A militancia socialista de Vilaboa celebrou este domingo unha asamblea ordinaria na que, entre outras cousas, ratificou a César Poza como candidato do PSdeG-PSOE aos comicios electorais do vindeiro mes de maio e avalou a liña de traballo desenvolta durante os dous anos que leva ao fronte do Concello de Vilaboa.

César Poza matizou coa militancia o proxecto global que os socialistas queren para Vilaboa, desenvolvendo unha rede viaria reformada baixo as premisas de accesibilidade universal, plataforma única e calmado de tráfico. Poza adiantou un programa de traballo baseado no benestar das persoas, con programas sociais de máxima cobertura pero sobre todo coa mirada posta no futuro, na implementación de políticas que garantan o desenvolvemento industrial que Vilaboa necesita para consolidar chan atractivo para as empresas.

O candidato socialista informou tamén á militancia da importancia de crear un núcleo de centralidade que parte de O Toural, zona que concentra todos os servizos e sobre a que debería pivotar o crecemento urbanístico, residencial, do municipio

Con estas premisas básicas, César Poza ten xa o beneplácito da asamblea para configurar o seu equipo de traballo de cara á cita electoral de maio.

Publicacións Relacionadas