HomePontevedraDezaPilar Rojo esixe no Senado un plan de mellora e mantemento da...

Pilar Rojo esixe no Senado un plan de mellora e mantemento da rede ferroviaria no Deza cos que evitar novos accidentes

- Anuncio -spot_img

● Pide tamén que este plan se estenda ao resto da provincia, priorizando aquelas zonas que, polo seu trazado e condicións, estean nunha situación máis comprometida.

A senadora do PP de Pontevedra, Pilar Rojo, reclamará na cámara alta ao Goberno central un plan de mellora e mantemento das infraestruturas da rede viaria convencional na comarca do Deza. Tal e como se comprometeu na súa visita a Lalín a semana pasada, xunto ao alcalde José Crespo, a popular rexistrou no Senado unha moción e varias preguntas para reclamar explicacións.

Así, solicita que o Goberno central revise os trazados de vías, dando máxima urxencia a aqueles puntos considerados máis conflitivos por existir taludes ou outros elementos con maior risco de desprendemento; así como os terreos paralelos á vía do tren, de maneira especial naqueles puntos nos que exista risco de desprendemento; que se incorporen todas as medidas necesarias para o incremento da seguridade dos trazados e, por último, que este plan se estenda ao resto da provincia, priorizando aquelas zonas que, polo seu trazado e condicións, estean nunha situación máis comprometida.

A senadora popular recorda que en menos de unha semana producíronse dous accidentes de tren nesa comarca, nos dous casos provocados por desprendementos de pedras e de terra sobre as vías, o que provocou o descarrilamento dos convois. Dous accidentes similares, explica a senadora pontevedresa, nos que por sorte non houbo que lamentar feridos, pero que provocaron grande alarma social ao amosar o estado lamentable nas que se atopan as vías do tren, tal e como xa sinalaron en máis dunha ocasión os alcaldes da zona.

Ademais, Rojo tamén quere que o Goberno aclare si ADIF encargou algún informe para coñecer con exactitude as causas dos accidentes e que explique que actuacións de mellora e mantemento se fixeron sobre a rede viaria convencional da provincia no último ano.

Publicacións Relacionadas