HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade adxudica o acondicionamento paisaxístico do entorno e accesos...

O Concello de Cerdedo-Cotobade adxudica o acondicionamento paisaxístico do entorno e accesos da Carballeira de San Xusto en 264.656 €

- Anuncio -spot_img

• A adxudicataria, Coviastec, presentou unha oferta que rebaixou un 11% o prezo de saída da obra e unha serie de melloras

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de adxudicar en 264.656,91 euros o acondicionamento paisaxístico do entorno e accesos da Carballeira de San Xusto, froito dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia.

A empresa adxudicataria, Coviastec, presentou unha oferta que permite aforrar un 11% sobre o prezo de saída fixado polos técnicos en casi 300.000 euros así como unha serie de melloras enfocada á limpeza e tratamento de zona arbustiva, drenaxe e saneamento.

Estas obras de acondicionamento paisaxístico do entorno e acceso da Carballeira de San Xusto están incluídas dentro do Pacto pola Paisaxe, primeiro que se asina en Galicia e que ten como protagonistas ás zonas próximas aos meandros do río Lérez.

Do total do custe das obras, a Xunta asume o 70% mentras que o Concello de Cerdedo-Cotobade farase cargo de aportar o outro 30% restante co fin de que se poida levar a cabo do mellor maneira posible esta actuación que mellorará substancialmente o uso e a seguridade na zona ao tempo que se recupera o concepto de unidade que sempre tivo e volverá a ter.

A intervención proposta busca dignificar o lugar para que vaia en consonancia cos elementos patrimoniais que alí se atopan, remarcándoos e poñéndoos en valor. Para isto levaranse a cabo una serie de intervencións en distintos puntos do ámbito para conseguir finalmente una visión de conxunto harmónica e acorde aos valores que aquí se atopan.

O ámbito de intervención circunscríbese ós terreos de propiedade municipal que constitúen a zona de accesos propiedade do concello de CerdedoCotobade. No entorno da carballeira esta parcela ten unha serie de ensanchamentos que serven como aparcadoiro e outros usos, e que na actualidade se atopan totalmente asfaltados. Esas superficies asfaltadas impermeables supoñen importantes escorrentías en épocas de choiva.

A proposta sobre estas zonas de aparcamento consistirá na fragmentación desas superficies asfaltadas impermeables intercalándoas con zonas adoquinadas e a introdución de arbolado que mellore visualmente estes ámbitos. Estableceranse tamén zonas de infiltración de auga nas bandas adoquinadas para mellorar o comportamento ambiental .

TRES ZONAS DIFERENCIADAS DE ACTUACIÓN

A intervención vaise dividir en tres zonas. A primeira, será a que ocupe o primeiro aparcadoiro de 894 m2 totalmente cubertos e impermeabilizados polo asfalto. Nesta zona levarase a cabo a fragmentación do asfaltado existente intercalando zonas de vexetación que permitan a infiltración da auga no sentido das actuais escorrentías, minimizando a velocidade de auga a través desas barreiras naturais.

No bordo desta intervención cara á carballeira plantarase una fila de carballos autóctonos, dando continuidade á zona da carballeira e acadando a imaxe da mesma xa dende o seu acceso principal. Desta maneira quedan ocultos os exemplares de roble americano que rompen actualmente coa imaxe da carballeira centenaria.

Crearase tamén unha zona de aparcamento no lateral esquerdo cun pavimento filtrante con adoquíns e herba baixa entre eles. Entre esta zona de aparcamento e a plantación dos novos carballos crearase un percorrido peonil que continuará por toda a contorna da carballeira cun pavimento de adoquín con xunta aberta.
Na outra banda da calzada crearase igualmente unha tira de adoquín con xunta aberta para o percorrido peonil e o aparcamento cando sexa preciso en épocas de máis afluencia. No bordo deste percorrido peonil acondicionarase a canle de auga que continúa ata a fonte e máis aló que xa existe actualmente.

Con esta intervención a zona de aparcadoiro queda desdibuxada polas bandas de vexetación e o impacto visual da vía actual minórase coa plantación dos carballos. Isto en conxunto permite unha maior integración paisaxística.

ZONA 2: BORDE NORTE DA CARBALLEIRA

Esta segunda zona ten unha superficie total de 907 m2 nas mesmas características de impermeabilización ca o anterior. Aquí, o asfalto incluso chega ao entorno máis próximo da capela e afoga a dous carballos que quedaron no medio da mesma sen ningún tipo de consideración.

Aquí se procederá ao tratamento da contorna traseira da capela e todo o borde norte, onde se fará unha adecuación con vexetación baixa e unha protección do ben de interese cultural cun muro-banco de pedra na zona de bordo. Así, a capela quedará a unha distancia da calzada considerable para a súa protección.

Trátase de por en valor a fonte e sinalar a súa relación directa coa capela e a caballeira. Para isto recórtase o asfalto ao seu paso pola zona da fonte e faise un cambio de pavimento sendo o novo un adoquín que permita marcar a diferenciación e resaltar a importancia da fonte. A transición entre ambos créase con grandes pedras que cruzan a calzada e enmarcan a fonte tanto no chan como coa creación dunha parede posterior que a protexe e enmarca.

En canto aos carballos que actualmente se atopan no interior da estrada óptase por limitar a calzada ao seu paso polos mesmos, eliminando o asfalto necesario para que mellore a súa implantación. O vial, polo tanto, queda reducido e dividido neste punto, limitando o ancho dos carrís.

No bordo de todo este ámbito, dende a fonte ata a chegada a seguinte zona de aparcadoiro, dase continuidade á canle anteriormente mencionada para conducila auga de maneira superficial ata os puntos de desafogo cara á colina.

ZONA 3: APARCAMENTO-CAMO DA FESTA

A terceira zona ten unha superficie total de 2.053 m2 cunha organización moi semellante á da zona primeira: unha calzada de asfalto e unha zona de aparcadoiro en continuidade material coa vía. Esta zona, actualmente destinada a aparcadoiro, converterase nunha zona verde que albergará, tan só nos momentos de maior afluencia, unha zona convertible a aparcamento polo seu pavimento drenante de herba baixa cunha estrutura de reforzo para permitir este uso ocasional. Darase na veira dereita da calzada.

Na veira esquerda continuarase con percorrido peonil a través desa zona natural de herba baixa en continuidade coa carballeira. Ao remate do talude disponse unha cuneta drenante para a infiltración das augas de escorrentía.

Cara á pendente plantaranse novos carballos e sitúase un percorrido que une os bancos de pedra co miradoiro proposto e a zona de mesas. Dende este miradoiro obtemos unha vista panorámica fantástica.

Este lugar funcionará ás veces como Campo da Festa polo que os técnicos consideran que non convén colmatalo con mobiliario e demais pezas que poidan dificultar a implantación da festa nun futuro. O único mobiliario que se disporá serán as mesas de picnic e os bancos de pedra onde se tallará a cantiga do San Xusto.

A intervención se remata neste punto tamén cun cruce sobre a calzada con pedras de grandes dimensións e o cruce da canle de auga que recolle as augas de escorrentía que non conseguiron infiltrarse na cuneta drenante.

O MIRADOR E A REDE DE ILUMINACIÓN

O mirador plantéxase como unha estrutura en voadizo que partirá da cota á que se atopa o merendeiro y voará no punto no que comeza a baixar a ladeira. A estrutura do mesmo será unha estrutura metálica que a través de vigas e pilares que a vencellarán ao terreo cunhas zapatas de formigón. Os acabados do chan e barandas serán en madeira tratada.

Crearase un novo proxecto lumínico para toda a zona que buscará dar unha uniformidade e unha iluminación tenue que non sexa demasiado invasiva xa que non precisa dunha intensidade lumínica moi alta para o desenvolvemento das actividades que se plantexan.

Publicacións Relacionadas