• Pregunta “por que non esixen ao delegado do Goberno en Galicia explicacións sobre que pasos están dando para solucionar o déficit de médicos de familia, un problema común en toda España?”
• Pide que explique aos veciños diante do Centro de Saúde por que votou en contra de que se incorpore a médico que chega este mes ao Grove.
O candidato do Partido Popular do Grove, Pablo Leiva, responde a José Cacabelos que “obsceno é usar a Sanidade para facer política e obter rédito electoral, en lugar de esixir a quen ten na súa man a solución, o Goberno central, que amplíe as prazas de médicos de familia e forme máis sanitarios. Obsceno é dicir defender a sanidade pública, mentres se vota en contra de que cheguen máis médicos ao Grove a través do concurso de méritos. E obsceno é tamén que o Goberno de Sánchez continúe ignorando as reclamacións e peticións que lle están facendo as comunidades autónomas para solucionar dunha vez por todas este problema”.
Nesta liña, Leiva di que “é moi significativo que toda a loita de Cacabelos e do PSOE sexa coa Xunta de Galicia. Por que non esixe ao Goberno central, e ao delegado do Goberno en Galicia, explicacións claras sobre que pasos están dando para solucionar o déficit de médicos de familia e dar conta da súa xestión en materia de formación de especialistas sanitarios? Si tanto lle importa a sanidade, por que non reclama a que ten a capacidade de ofrecer solucións? Que pasa, que se lle estropea o seu discurso?”.
O popular afirma que el estará sempre “onde poida reclamar e defender os intereses dos meus veciños. Si é nunha reunión sobre Sanidade para informarme sobre que pasos está dando a consellería, por suposto que alí estarei. O que está demostrado é que Cacabelos está disposto a ir contra as necesidades dos seus veciños por non ir en contra de Pedro Sánchez”. E recórdalle que mesmo o conselleiro socialista de Sanidade de Extremadura afirmou que o problema de falta de médicos de familia non se resolve “ni con todo el oro del mundo”, porque é un problema de recursos humanos.
EXPLICACIÓNS POR QUE VOTOU EN CONTRA DE QUE CHEGUEN MÉDICOS AO GROVE
Polo tanto, continúa Leiva, “hai medidas que dependen da Consellería de Sanidade, pero tamén hai outras que dependen do Ministerio e que son fundamentais para solucionar o problema”. Unhas medidas da Consellería de Sanidade que, explica o popular, serviron para cubrir prazas de médicos en centros de difícil cobertura pola convocatoria de méritos, como o caso do Grove, e que foron votadas en contra tanto polo PSOE como polo BNG. “Si por eles é, estas prazas non se terían cubertas. Están explicando aos veciños por que rexeitaron esta medida?”. Pero vai máis aló, pide a Cacabelos que se poña diante do centro de saúde para explicar aos veciños por que el votou en contra de que se incorpore a médico que chega este mes para reforzar a atención sanitaria no Grove.
Por último, sobre as 105 prazas MIR sen cubrir, pregunta si quere que os veciños do Grove estean atendidos por oftalmólogos ou especialistas en análise clínico en lugar de médicos de familia.



