- As incorporacións realizáronse a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
O Concello de Pazos de Borbén acaba de realizar doce contratacións de persoal para reforzar a brigada municipal de obras e servizos. Os novos empregos financiáronse a través de de a liña 3 do plan de Obras e Servizos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e terán unha duración de 6 meses.- Os novos empregados dedicaranse principalmente ao coidado de infraestruturas municipais e realizarán tarefas de limpeza de mobiliario urbano, parques, xardíns e diversas actuacións de mantemento. Os novos traballadores terán unha xornada laboral de 30 horas semanais e, ao tratarse dunha subvención concreta e pechada, descártase a contratación posterior dos traballadores.
- O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, visitou esta mañá aos novos traballadores para darlles a benvida e defendeu que con estas novas incorporacións poderanse reforzar os servizos e ampliar as actuacións de mantemento no municipio. “Cantas máis persoas poidan realizar estas tarefas, mellor servizo poderá prestar o Concello. Se ademais conséguese dar traballo a veciños en situación de desemprego, mellor que mellor”, sinalou.
- Os novos traballadores estaban en situación de desemprego e rexistrados como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. A contratación dos traballadores realizouse baixo un estrito proceso de selección durante o cal se valoraron distintos aspectos como a preparación e a situación económica persoal e familiar dos candidatos.



