HomeOurenseO Concello achegarase ao alumnado de Primaria cun programa de sensibilización ambiental...

O Concello achegarase ao alumnado de Primaria cun programa de sensibilización ambiental sobre os incendios forestais

- Anuncio -spot_img

Participarán 843 alumnos de diferentes centros educativos da cidade.

Utilizarase o teatro como medio lúdico e didáctico, coa fin de que aprendan os recursos para un aproveitamento sostible do monte.

O Concello de Ourense, dentro do programa de Educación en Saúde e Medio Ambiente que desenvolve a Concellería de Educación para os escolares de Educación Primaria, iniciou esta mañá no CPR Mestre Vide os obradoiros Conta coa Natureza, un programa de sensibilización ambiental para que a cativada tome conciencia dos incendios forestais. A programación realizarase a través de contacontos teatralizados, mesturando o carácter lúdico e o didáctico coa fin de que aprendan os recursos para un aproveitamento sostible do monte.

Con este obradoiro preténdese espertar o interese polos problemas dos lumes, adoptando as competencias básicas e intelixencias múltiples (sociais, cívicas, lingüísticas e naturais) como eixe integrador da personalidade do alumnado. O teatro actuará como unha estratexia para explorar e aprehender unha concepción que remite á necesaria actitude de respecto e de conservación do medio natural.

No programa participarán 843 alumnos/as de diferentes centros educativos da cidade.

Publicacións Relacionadas